Activistas pro-Firefox ‘destruirán’ o Explorer

24

Lendo agnix.org:
“Un grupo autonomeado Activistas Políticos de Massachusetts, EE.UU., comezaron unha agresiva campaña para que os usuarios e usuarias troquen o navegador de Micro$oft Internet Explorer cara o Firefox.
A campaña, nomeadamente O Destructor do Explorer (Explorer Destroyer), aprovéitase dunha iniciativa do Google ao pagar US$1 por cada referencia ao Firefox feita a traverso da barra de ferramentas do Google que tes á dereita do teu Firefox, trala barra de enderezos.”…

firefoxdestroyer.gif


…”Seguro que queres que a xente troque cara o Firefox. Google está a pagar US$1 por cada referencia que faga un novo usuario. Agora podes facer avanzar os teus ideais, salvar á xente das fiestras emerxentes (popups) e mailo software espía (spyware) ademais de acadar unha importante cantidade de cartos.
Por cada persoa que consiguas facer trocar cara o Firefox obtés 1 dólar.
Como colaborar? Vaite á páxina Explorer Destroyer e sigue as instruccións para instalar un guión (script) que detecta a presenza do IE, etc, etc e tal 🙂 “…
Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios