A capela de San Martín de Gondré 1800-1860

153

En 1835 un raio desfixo a Capela de Gondré, e o seu amaño supuxo 160 reais de gasto.

capela_gondre1.jpg

O documento que imos a presentar hoxe cóntanos unha boa parte (60 anos) da historia da Capela “do glorioso San Martín de Gondré”, pertence ó libro de contabilidade de Capelas e pertence ó Arquivo Parroquial de As Pontes, nel faisenos mención a un libro de contabilidade anterior a este.


libro_gondre1.jpg
libro_gondre2.jpg
Fotos do Libro de Capelas

A Capela de San Martin de Gondré é un dos fermosos lugares, incluso esquecidos, que os seus veciños están potenciando con actividades e algunha que outra iniciativa festeira nestes últimos anos.
gondre1.jpg
gondre4.jpg

O San Martiño foi restaurado recentemente (ver: http://www.amigus.org/web/archives/000933.php). Contan os veciños que unha santa da Capela veu dunha doación dun veciño de Cuba e que serviu para traer escondidos os cartos dentro dela.
Polo libro de Capelas sabemos a lista de maiordomos, moitos deles conservan apelidos que ainda existen por Gondré, e curiosamente sei que un de esos maiordomos foi un devanceiro de este que hoxe vos relata a historia. A continuación preséntovos a lista de maiordomos dende 1800 a 1861.
Maiordomos da Capela de Gondré
1800 Balthasar doVarro
1801 Balthasar doVarro
1802 Manuel Formoso
1803 Biz. Lopez
1804 Manuel Ramos
1805 Biz. Lopez
1806 Biz. Fresco
1807 Biz. Fresco
1808 Luis Pernas
1809 Luis Pernas
1810 Santiago Diaz
1811 Juan Ramos
1812 Juan Ramos
1813 Domingo Ferreiro
1814 Manuel Romeo
1815 Manuel Romeo
1816 Ramon Gregorio
1817 Pasqual Rodriguez
1818 Juan derrestrebada
1819 Juan derrestrebada
1820 Julian Ramos
1821 Julian Ramos
1822 Alejandro dabouza
1823 Antº ferreyro
1824 Francº Lopez
1825 Pedro Fresco
1826 Pedro Fresco
1827 Andres Cebreiro
1828 Jacinto Ferreyro
1829 Antº de Castro
1830 Vic(te) de Castro
1831 Juan Lopez
1832 Antº Tojeiro
1833 Antº Tojeiro
1834 Fran(co) Corral
1835 Viuda de Pedro Formoso
1836 Jose Romeu
1837 Domº Ferro
1838 José Caaveiro
1839 Antonio Uceira
1840 Domº Permui
1841 Juan da Bouza
1842 Vicente Fresco
1843 Luis Fresco
1844 Andres do Pico
1845 Domº Lopez
1846 Pedro Pardo
1847 Domº Ramos
1848 Fernando de Castro
1849 Cayetano Fraga
1850 José de Castro
1851 Man(l) Corral
1852 Pedro Gregorio
1853 Andres Pardo
1854 Pedro Lopez
1855 Juan Lopez
1856 Jacinto Ferreyro
1857 Juan Lopez
1858 Andres Cabaleyro
1859 Man(l) Cazas
1860 Vicente do Pico
1861 José Formoso
O documento que vos presento conta con dúas partes, unha primeira (longa) onde se recollen as contas da capela. E unha segunda (breve) onde se presentan os gandos que pertencían ós bens da mesma e que eran levados polos veciños. Esta segunda parte atópase máis adiante no libro, a partires da páxina 236.
Por medio de todas estas páxinas, podemos saber –entre outras cousas- que en 1805 púxose unha campá pola que se entregaron 20 reais. En 1818 caleouse e reparouselle o tellado cun carro de lousa. En 1819 témo-lo dato das puxas no día da festa do santo, o que era común (en Pontoibo, Gondré…).
Ó longo do libro imos vendo como foron os derradeiros días de D. Felipe de Neira, que foi crego párroco entre 1793 ata 1826 en que falece. Dásenos o dato de que nos derradeiros anos da súa vida, estivo convalecente (aparece por última vez no libro antes de ser escusado por outro cura, en 1820), e foi suplido por Dn Francisco Prieto de Solloso que foi o seu escusador, o responsable en sede vacante ata 1827 en que chegou a As Pontes D. Andres Sanchez Mella.
Con este documento contamos co dato da relación entre a vila de As Pontes e o Mosteiro de Monfero, pois en 1825 levouse a consagrar un cáliz novo mercado o ano anterior por 320 reais a un monxe do “Convento de Monfero”.
En 1827 construiuse a espadana da capela que figura como “torre da Igrexa” pola que se pagaron ó mestre canteiro 170 reais.
Sabemos tamén cal era a vexetación do entorno da capela (abidueiras). En 1833 taláronse tres deles polos que se recibiron 8 reais e 20 maravedís.
gondre2.jpg
Barrio de A Pena do Curro, o principal naquel tempo

En 1835 un raio faria fortes estragos, polo que tra-la súa reconstrucción, como ben dixen ó principio, por 160 reais, calearase en 1841.
Existe entre os anos de 1840 á 1849 varios lapsus nas datas, que ás veces aparecen como da década posterior. Probablemente por terse anotado máis tarde ou por erros de escritura do amanuense.
Aparece nos anos cincuenta o que se deu en chamar coma “o cura tolo”, don
Manuel Tomás González, que tamén se equivoca nos primeiros anos, mentres non coñece as parroquias e en duas ocasións refírese a “San Vicente de Gondré”
gondre5.jpg

Un dos datos mais curiosos aparece no reconto de gandos, ó final do documento, onde se nos da constancia da presencia das tropas francesas no 1808, que lles “papan” os gandos ós veciños de Gondré: “En poder de Pedro rromeu dos obeJas libres con dos crias deste año y las del ultimo req(to) y dos se perdieron yotra la comieron los franzeses y las que suenan en poder de Julian gregorio se perdieron todas”.
Xabier Martínez
ORIXINAIS REPRESENTATIVOS
inicio-libro-de-contas.jpg
Inicio do libro de contas
1808-presencia-dos-francese.jpg
1808 Presencia dos franceses
1825_caliz_mofero.jpg
1825 Cáliz que se leva a Monfero
1833-dato-das-abidueiras.jpg
1833 Datos das abidueiras
1835-Raio-que-destrozou-cap.jpg
1835 Raio que destrozou a Capela
Firma-de-Manuel-Tomos-Gonza.jpg
Firma de Manuel Tomás González

TRANSCRIPCION DO ORIXINAL

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios