Postura da plataforma ante Patrimonio

37

A Plataforma Cidadá en Defensa do Círculo Lítico da Mourela, apoiada por centos de persoas da Vila das Pontes e de moitos outros lugares solidarizados co caso, vese na situación de esixir lexítimamente ao organismo competente os seguintes procesos a levar a cabo:


1. Adecuada finalización da excavación arqueolóxica, sen temor a que as obras da autovía entorpezan ou señan causa de interrupción ou imposibilidade de culmina-lo proxecto de investigación, para así poder tomar a decisión correcta para este lugar en consecuencia con dito estudo.
2. Necesidade de contrastar a información, o método e periodos de investigación levados a cabo polo Laboratoria de Investigacións Arqueolóxicas LIA, por persoal cualificado e axeno ao mesmo e ao Concello das Pontes.
3. Recompensa-Contraprestación cultural (ainda que xa por lei corresponde unha partida fixada do presuposto total da obra) á vila das Pontes en caso da perda definitiva do lugar e dos restos dos circulos Líticos da Mourela, constando de 3 partes fundamentais:
a. Sinalización e Homenaxe-monumento in situ dos dous Círculos Líticos da Mourela no tramo da Autovía de forma claramente Visible e destacada, como ben histórico e cultural.
b. Unha correcta recosntrucción, tanto no tamaño e forma como cos materiais empregados, dos dous Circulos Líticos nun lugar apropiado e público da Vila das Pontes.
c. Creacción do Centro de Interpretación e Investigación do rico e abundante Patrimonio das Pontes, frustrado en intentos de procesos e tentativas anteriores.
POLA DEFENSA DO PATRIMONIO HISTÓRICO DAS PONTES
Plataforma cidadán en defensa do Círculo Lítico da Mourela
SANTIAGO, 15 MAIO 2006

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios