Curso FIP de programacion baixo GNU/Linux

86

Dende linuxferrol.org chéganos esta magnífica nova:
A partir do mes de xuño dará comezo en Ferrol o curso Programación de aplicacións informaticas en plataformas de fonte aberta . Con caracter experimental, será o primeiro curso *destas características* que se sealiza en todo *o Estado*.

linuxferrol.jpg


A actividade formativa, cunha duración de máis de 500 horas, vai dirixida a
persoas desempregadas e está promovida pola Consellería de Traballo e
cofinanciada polo Fondo Social Europeo. O programa enmárcase dentro das
iniciativas que se veñen tomando pola a Xunta para potenciar o software
libre coa intención de adaptar a oferta formativa á demanda existente para
este tipo de plataformas abertas.
O curso FIP “Programación de aplicacións informáticas en plataformas de
fonte aberta”, organizado e financiado pola Consellería de Traballo constará
de dous módulos por un total de 550 horas e será impartido por un socio de
AGNIX.
Os módulos asociados á cualificación profesional terán como referente o
referido ao traballo en sistemas informático multiusuario e en rede e á
programación en linguaxes estructuradas.
Xa se pode consultar o programa do curso.
Máis información en linuxferrol.org
Xa publicado aquí en amigus.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios