A conta atras…

80

O Director Xeral de Patrimonio Felipe Arias, notificou esta mañá á Consellería de Obras Públicas e Transportes a finalización dos traballos de excavación do círculo lítico da Mourela o vindeiro mércores día 7 de Maio e a inmediata entrada das máquinas en días sucesivos para levar a cabo a destrucción deste importante elemento patrimonial.
Unha vez máis a Plataforma quere manifestar a súa repulsa contra esta decisión, por considerar que non só a integridade do círculo está en perigo senón tamén a das mámoas que se atopan nas inmediacións da obra.
Membros da Plataforma puideron ter acceso está mañá na Coruña aos documentos que acompañan o proxecto da Autovía.
Tra-la visualización dos mesmos entendemos que se está vulnerar a lexislación vixente encanto á protección destas estructuras prehistóricas, pois se ben a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia establece un perímetro mínimo de protección de 200 metros, a maior parte dos túmulos atópanse a
menos de 50 metros do trazado e algún pode quedar a menos de 20 metros da infraestructura.
Por isto dende a Plataforma non se descarta a adopción de medidas de carácter legal, que deteñan dunha vez este atentado patrimonial.
Sen marcha atrás, a Plataforma

Enlosado na entrada do Círculo Lítico da Mourela
enlosado.jpg

Tedes mais imaxes no Diario Necrolóxico do Círculo Lítico da Mourela

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios