Capelas de San Ramón do Paraño, Os Remedios de Marraxón e a Santa do Carballo de Aparral

773

As capelas do entorno de As Pontes definiron barrios cunha certa entidade propia de vida. Nesta ocasión preséntovos tres capelas que teñen unha orixe bastante primitiva. Pero algo hai en común entre elas. Non son as orixinais, e atópanse trasladadas a enclaves novos que non son os antigos. A Capela do Paraño antiga estivo situada no denominado “Campo da Ermida” (traslado no XVIII), a de Marraxón atoparíase hoxe baixo as augas (traslado no 1901), a de A Santa do Carballo (traslado hacia o ano 1950) , sitúase a menos de 15 metros de onde estivo a antiga, aquela da que don Enrique dixo que puido te-la súa orixe no século XIII.
Do Paraño, recollo os artigos publicados no seu día por don Enrique Rivera Rouco, e agrégolle os datos novedosos que sobre ela se atopan no antigo libro de Fábrica da Parroquia.
De Marraxón, recollo o documento orixinal, que narra o momento en que se inaugurou, cunha procesión da imaxe da Virxe dos Remedios dende a Igrexa Parroquial ata a Capela en 1901.
De A Santa do Carballo, preséntovos os datos da construcción da nova capela cara o ano 1950, por un crego que naceu preto dela (don Paulino), e da súa imaxe.
É o penúltimo artigo sobre as capelas. Coma todos os anteriores artigos, realízanse coa intencionalidade de recopilar toda a documentación xa publicada ou inédita acerca destas ermidas que nos rodean. Poñéndoas á vosa disposición gracias a AMIGUS, e desexando que sirvan para que revaloricemos o noso patrimonio cultural ó tempo que o coñezamos mellor.
Xabier Martínez, nos derradeiros momentos do Círculo Lítico


CAPELA DO PARAÑO
SAN RAMÓN – ANTIGA DE NOSA SEÑORA

FOTO DA CAPELA DO PARAÑO
parano1.jpg
parano2.jpg
parano3.jpg

Polo libro de fábrica de As Pontes, nº 1, 1715-1825, que se atopa no Arquivo Diocesano de Mondoñedo figura o seguinte material sobre o Paraño:
Folio 5: “lo firmo AS Pontes 1716 (Antonio Laurin el 13 de Junio de 1716)”– notas nas que se acusa ós maiordomos do Paraño de non presenta-las contas e de non colaborar nos gastos de construcción da muralla da Igrexa.
Folio 7: cítase a Lorenzo da Fraga como maiordomo do Paraño en 1716. No folio 10 díctase unha sentencia de multa contra este maiordomo e contra o crego encargado da capela do Paraño.
Folio 26, ano de 1730: A capela do Paraño estaba nun lugar que se describe coma “indecente”, mándase ó seu capelán que a cambie de sitio, para situala ó borde do camiño: “la hermita de Nª Sª deel Paraño se alla en lugar indecente: da faculta y licª a su Cappªn para que la haga mudar Junto al camino R y le manda la traiga con todo aseo y limpieza con aplº”. De este texto chámanos a atención que a Ermida non se denominaba de San Ramón, naqueles tempos, senón da Nª Sª.
San Ramón del Paraño
Por Enrique Rivera Rouco, en“A nova Unión”, nº 6, Maio 95, 2ª quincena, 16 p.
La fiesta de San Ramón gozó, desde antaño, de gran aceptación y concurrencia y asimismo es famosa la romería en la Ermita de su nombre, emplazada desde finales del siglo pasado en el barrio del Paraño, al lado de la carretera general C-641, habiendo sido trasladada de su primitiva ubicación en el valle adyacente junto al arroyo “Rego da Forxa”. A esta romería acuden para cumplir sus promesas gran número de devotos, principalmente madres que últimamente hayan alumbrado.
Características peculiares de este Santuario son: primero, el proceder de una antiquísima fundación particular en la modalidad de: Capellanía laical de sangre colativa, es decir un Patronato laical, de carácter hereditario en el que el fundador y los sucesores primogénitos, con el título de Patrones, conservaban todas las atribuciones sobre la fundación y su desenvolvimiento, así como la designación del Capellán.
En segundo lugar, el haber sido el único caso en la Comarca en que el Patrono continuó este dominio hasta nuestros días, pasando por alto la ley de “Redención de Capellanías y Fundaciones” de 1874 de suerte que fue su último dueño D. Francisco López Prieto de A Forxa, fallecido sin sucesión en 1974, por lo que actualmente ostenta este dominio su sobrina Dª Felisa López.
¿Cuándo fue creada la fundación? No se conserva el documento fundacional. Consta, no obstante que la familia fundadora ha sido la que moraba en el lugar “Da Fraga” de la Feligresía de As Pontes y, como entonces era usual llevaba por único apellido “Da Fraga”.
FOTO DO BARRIO DO PARAÑO
parano4.jpg

Ese lugar, desaparecido desde hace más de un siglo, estaba situado entre los barrios de Meda, Vacariza y Carballal, ocupando la cima y ladera sur, aún hoy denominada “Casavella da Fraga” y donde todavía se aprecia la cimentación de la vivienda (muy cerca del repetidor de la TV). Fue una casa potente en aquel entonces, como se deduce de las extensiones de tierra que poseía y de haber erigido una fundación.
La alusión más antigua a la Ermita figuraba en un documento de permutas sobre bienes de la misma que, en 1772 verificaron dos familiares de la referida casa “Da Fraga”.
Dado que este tipo de fundaciones (según los manuales de Historia Eclesiástica) fueron abundantes en los siglos XVI-XVII “-como gesto de gratitud de la Iglesia para con sus bienhechores-“ podemos calcularle al menos esa antigüedad.
Entre las muchas referencias documentales halladas acerca de la Ermita los principales datos de su historia son tres:
1ª. El testamento de Lorenzo de Fraga, otorgado en 1840, donde declara ser entonces el “Patrono de la Fundación de la Capellanía de San Ramón del Paraño”.
2ª. El expediente de la constitución del Vínculo al fusionarse la casa de “Da Fraga” y de Ignacio López “Da Forxa”, por emparentamiento y ligamen matrimonial entre ambas: convenio escriturado el 23 de Mayo de 1832.
3ª. El acta de creacióndel Via Crucis de la Capilla de San Ramón del Paraño, que figura en el “Libro de cuentas de las Capillas de Puentes”.
El mencionado libro de “Las Capillas” sólo contiene dicha acta en lo referente a la del Paraño y no consigna ninguna partida de cuentas por ser “Capilla propia” administrada por seglares. Asimismo los bienes que tenía fueron pasando a la masa hereditaria de los Patronos de manera que hoy no posee ninguna finca.
Según la obra “Colección Legislativa” vol. 97. pág. 1207, el Gobiernno de S.M. Isabel II el 24 de Junio de 1867 celebró un convenio con la Santa Sede por el que entre otras cosas, debían ser redimidas todas las Capellanías y Fundaciones pasando a la jurisdicción eclesiástica. En fecha inmediata ocurría el derrocamiento de la Reina y quedó sin publicar el convenio hasta el 24 de Julio de 1874 en que salió decretado por el 2º Gobierno del General Serrano, de donde dimanó la legislación posterior para estos asuntos: eran desgravadas las fincas de la fundación apropiándose un tanto por cien el Obispado para el “Pío Acervo Diocesano”, quedándole el resto al Patrono. Esta Ley no fue aplicada a la Fundación del Paraño; de ahí la situación actual del Santuario.
La Capilla hállase hoy en regular estado de conservación si bien sus dimensiones son muy pequeñas. Posee un retablo sencillo de imitación neoclásica, tres imágenes antiguas de S. Ramón, Ntra. Sra. de la Ermita y S. Esteban, y dos tallas nuevas, donadas respectivamente en 1955 y 1957, que representan a los mismos S. Ramón y Nuestra Señora de la Ermita, ofrenda de las Señoras Carmen López Alende y su hija Pilar Méndez López, entonces vecinas de la Villa de As Pontes.
En estas fechas era necesario, tanto para el vecindario inmediato que allí concurre frecuentemente como para los devotos y romeros un edificio más amplio y confortable.

CAPELA DE MARRAXÓN
A VIRXE DOS REMEDIOS

FOTO DA CAPELA DOS REMEDIOS DE MARRAXÓN
marraxon.jpg

O Santuario de Marraxón adícase á Virxe dos Remedios, pero a súa ubicación actual provén de 1901, cando se traslada dende unha capela situada en Marraxón de Abaixo, e que se atopaba en malas condicións. De esa capela vella sabemos que foi blanqueada en 1741 e que nese mesmo ano se tería realizado nela unha fiestra (lucernario) con un coste de 221 ducados.
Mentres se construíu a nova capela, a Virxe dos Remedios estivo provisionalmente na parroquia de As Pontes, ata a inauguración da nova Capela, en que se levou de procesión. O seguinte documento atópase no “libro de Capelas” de As Pontes na páxina 271 e nel relátase ese feito de inauguración:
DOCUMENTO ORIXINAL
orixinal_marraxon_p.jpg
Preme na imaxe para ve-lo ampliado

TRANSCRIPCIÓN
Capilla de Marrajon
En el año pasado de mil novecientos uno y principio del corriente se ha construído la capilla de Marrajón, cuya patrona es la Santísima Virgen de los Remedios, imagen que se condujo en procesión desde esta Yglesia parroquial con extraordinaria asistencia del pueblo a dicha capilla que facultado por el Sr. Obispo bendije hoy, se celebró el Santo Sacrificio de la Misa y he erifido el viacrucis, compuesto de catorce cruces de madera, que bendije e indulgencié colocando la primera al lado del Evangelio y siguiendo la pared hasta la puerta y la opuesta coloqué la última al lado de la Epístola presente a la primera, acompañándome numero grande fieles con los testigos, que conmigo firman a diez y seis de Febrero de mil novecientos dos.
Antonio Angel del Riego

A Cruz de forxa que preside o alto da espadana foi realizada cara ó ano 1907 por Antón Rodríguez Restrebada (forxa da Casa Pastor-Marraxón). Foi amañada no ano 1993-94, dado que caera ó pudrir o vástago. Repúxoselle o vástago xunto con dúas molduras. Fixo este traballo o descendente do primeiro autor (don Celestino Rodríguez Pajón, na forxa da Casa Pastor na Praza do Carme).
CRUCEIRO DE MARRAXÓN

FOTO DO CRUCEIRO DE MARRAXÓN
cruceiro_marraxon.jpg
detalle-do-varal.jpg

O cruceiro de Marraxón está asentado sobre unha pedra de lagar, varal octogonal que pasa nos seus extremos a cadrangular por medio de chafráns, capitel, cruz e imaxes policromadas (pintura de aceite), capitel con volutas e querubíns, cruz arbolada, figura da Virxe das Dores no anverso, e reverso Cristo ubicado cara á porta da capela. Inscripción do Varal: “ Por Antonio Cal, año de 1911”
CAPELA DE APARRAL
NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN
“A SANTA DO CARBALLO”

FOTO DA CAPELA DA SANTA DO CARBALLO
santa-do-carballo.jpg

Di don Enrique Rivera Rouco no seu libro de As Pontes, na páxina 73 que a vella Capela da Santa do Carballo tiña a data da súa construcción no século XIII. Preto de donde se ubica a actual, a uns 20 metros dela por detrais, tería estado esta capela que nos anos cincuenta foi trasladada ó lugar actual. Ese traslado realizouno un crego nativo de Aparral, bonachón pero con carácter, chamado don Paulino Pérez Ledo, que faleceu no 1953. Todos sabemos que na zona houbo cregos de ambos bandos, e don Paulino non tiña bando, senón humanidade. Contáronme tamén que don Paulino saía na defensa dos apresados na guerra, xa era naquel entón ancián, e que en discusións coa garda civil, defendendo ós reos, foille mal nalgunha ocasión, sendo atendido na casa de “Pilar de Soto”. Don Paulino naceu na casa que está en plena curva preto da capela da Santa do Carballo en 1871. Foi párroco de Somede durante moitos anos. Na súa defensa dos escapados na guerra chegou a esconder a un deles na Igrexa de Somede. A criada de don Paulino leváballe a comida ó escapado, que polas noites chegou a durmir escondido nunha tumba do camposanto de Somede. Familiares de don Paulino facilitáronme o certificado de defunción do mesmo no que se di: (Registro Civil de Puentes – Puentes de García Rodríguez, provincia de La Coruña, a las diecisiete horas del día dieciocho de Marzo de mil novecientos cincuenta y tres ante Don Mariano Marcos Vilela Juez Comarcal y Don Tomás Coello Ramos secretario, se procede a inscribir la defunción de Don Paulino Pérez Ledo, de ochenta y dos años, natural de Aparral, provincia de La Coruña, hijo de Don Juan y de Doña Manuela, domiciliado en San Mamed de profesión Sacerdote, de estado soltero- Falleció en su domicilio el día dieciocho de Marzo a las cinco horas, a consecuencia de enfarto cardiaco según resulta de certificación facultativa y reconocimiento practicado, y su cadáver habrá de recibir sepultura en el Cementerio de Aparral.
Esta inscripición se practica en virtud de certificación facultativa y manifestación de Baltasar López Prieto, mayor de edad, casado y vecino de Aparral…)
FOTO DA CASA DE DON PAULINO
casa-paulino_perez.jpg

Nesta capela gárdase unha imaxe da Asunción, pero cunha representación máis próxima á imaxe de María Reina, que foi a antiga advocación da Capela (coroación da Virxe por anxos). Esta imaxe é da escola de José de Rivas (finais dos 40, inicios dos 50) de Santiago que foi costeada, por “Carmiña do Xastre” (Nai). A festa, sin embargo, celébrase o día da Ascensión.
IMAXE DA VIRXE DA ASUNCIÓN (MARIA REINA) DA CAPELA DA SANTA DO CARBALLO
virgen-santa-do-carballo.jpg

Existe unha libreta de contas desta capela, pero inicia en 1966 e só recolle contas sen nada salientable do ano 66 e 67 (so un folio por duas carillas).
FOTO DO LIBRO DE CONTAS
libreta-de-contas.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios