Comunicado 06-06-06

28

A asociación ecoloxista ADEGA, e a Plataforma Cidadá na Defensa do Círculo Lítico da Mourela, expoñen:
– Estanse a realizar obras na zona de protección de tres mámoas inventariadas, sen que haxa o preceptivo control arqueolóxico.
– No día de hoxe as máquinas destruiron o entorno de protección da excavación do Círculo Lítico da Mourela, o que é contrario á lexislación vixente, dado a que está nunha zona protexida, e ademais imposibilitaría a súa excavación, dando por certo que se poden atopar restos vinculados tanto ás mámoas coma ao círculo.
– O SEPRONA levantou acta no día de hoxe, tras unha notificación do Comité na Defensa das Rías Altas.
– Ante as ameazas da COPT de entrar coas máquinas na zona pendente de excavación, a Plataforma Cidadá e ADEGA, presentarán as correspondentes denuncias por violación das Lei de Patrimonio Histórico-Español, e Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.
– A Plataforma e ADEGA, consideran que o proceso de control e impacto, está cheo de irregularidades dende os inicios do proxecto de estudio da autovía.

plataforma060606_1.jpg
plataforma-060606_2.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios