Publicada a Normativa para os Foleóns

39

Asociacións e grupos de amigos e veciños farán na noite do vindeiro día 23 os foleóns do San Xoan. Hai que ter en conta que terán que solicitar permiso no concello, nas oficinas da Policía Local, indicando onde teñen previsto face-lo lume e tamén comprometéndose a limpa-la zona posteriormente.


O Concello ven de edita-las normas que rexerán a preparación das fogueiras para o día e a noite do San Xoan. Recorden que como en anos anteriores, os grupos e asociacións interesados en face-lo foleón terán que pedir permiso nas dependencias municipais, concretamente nas da Policía Local.
As normas indicanque esa solicitude ten que estar cuberta con tódolos datos dunha persoa maior de idade, adxuntando un plano coa ubicación exacta da fogueira.
Ademais está prohibido face-lo lume en zonas verdes, é dicir, na Canle IV e o parque da Fraga, e calquera outro punto onde o lume poida afectar á vexetación e árbores.
As zonas deberán quedar completamen limpas, facéndose responsable a persoa que asine a solicitude. Tamén se debe xuntar autorización do dono se a parcela é privada.
Nova publicada despois da Feira do Grelo na web do Concello das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios