VALORACIÓN DE ADEGA E A PLATAFORMA DA XUNTANZA CO DIRECTOR XERAL DE PATRIMONIO

56

1. Consideramos que o novo prazo de 25 días concedido por patrimonio para continuar coa excavación é insuficiente, e que se produce a raiz da presión exercida sobor da administración polos colectivos sociais, que se posicionaron en contra da destrucción da excavación do anel lítico, facendo o que debería ter feito o Concello das Pontes hai tempo. Reivindicamos que se acabe o estudo da escavación adecuadamente, tarde o que tarde.
2. A Plataforma e ADEGA, expuxeron a súa postura de que as excavacións, deben finalizar en contra das presións da Consellería de Obras Públicas e Transportes e en beneficio do Patrimonio Arqueolóxico Galego.
3. Ante a demanda destes colectivos para que se depuren as responsabilidades sobor da destrucción da zona de cautela arqueolóxica da Mourela, o director xeral Felipe Arias, respostou: “Que os servizos xurídicos están estudando o caso”.
4. Entendemos que as boas disposicións que ven amosando a Dirección Xeral non se están reflectindo na protección da Necrópole da Mourela, xa que a Consellería de Obras Públicas e Transportes parece gozar de privilexios para a destrucción do patrimonio arqueolóxico.
ADEGA e Plataforma

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios