Avance do programa das festas por parte do Concello

50

O Concello ven de publicar un avance do programa case definitivo (pode haber algunha modificación) das festas do Carme e a Fraga, introducindo algunha novidade con respecto ao que xa tiñamos publicado (La oreja de Van Gogh actuarán no campo de rugby, por exemplo) e outras con respecto a festas anteriores, como a festa dos maiores…
Botádelle un ollo 😉


PROGRAMA DAS FESTAS.
Novena en honra á Virxe do Carme: Venres 7 – Sábado 15 de xullo ás 7.40 e 20:00 na Capela do Carme e ás 19:00 na Igrexa Parroquial. O Domingo 9 será ás 12:00.
Parque@ctivo: dende o 10 ao 21 de xullo, en horario de 11.30 a 14 e de 18 a 20.30
Sábado, 08 de Xullo
16:00 – Cacería do Raposo. Radio-Club Eume. Saída da rúa Alexandre Bóveda
Luns, 10 de Xullo
Parque@ctivo. Ás 19:00
Martes, 11 de Xullo
Parque@ctivo. Ás 19.00
22.30 – Noites de Cine. Heroe a Raias, colexio Santa María.
Mércores, 12 de Xullo
Parque@ctivo
22.30 – Noites de cine. Camarón. Colexio Santa María
Xoves, 13 de Xullo
19.00 – concerto Didáctico. Banda de Música das Pontes.
22.30 – Noites de Cine. Star Wars, episodio III. A Vinganza dos Sith. Colexio Sta. María.
Venres, 14 de Xullo
20.00 – Misa do Carme. Capela do Carme, a continuación Cea organizada polas carmes.
20:30 – Pregón a cargo de Dna. María José Rivera Trallero, bisneta do fundador de Estrella Galicia, José Mª Rivera Corral. A continuación concerto da Rondalla Vila das Pontes. Casa Dopeso.
21.30 – Pasarrúas con Os Suplentes.
23.00 – Verbena na Praza do Carme coas orquestras Santiago de Madrid e Ismael.
Sábado, 15 de Xullo
10.30 – Pasarrúas da Charanga Os Ponteses
12.00 – Pasarrúas da Banda de Gaitas Alfaia e Os Trevillas.
13.00 – Concerto da Banda de Música das Pontes. Parque Municipal.
21:30 – Novena e Misa en honra á Virxe do Carme, cantada polo coro Paroquial. Capela do Carme.
22.00 – Procesión nocturna á Igrexa Parroquial, có acompañamento da Banda de Música das Pontes e as Escolas Municipais de Gaita e Percusión.
23.00 – Verbena con Armonía Show de Canarias. Praza do Carme.
00.30 – Actuación de “El Sueño de Morfeo”. Praza do Carme.
02.00 – Verbena coa orquestra Armonía Show de Canarias. Praza do Carme.
Alfombra Floral.
Domingo, 16 de Xullo
11.30 – Pasarrúas da Banda de Gaitas Alfaia.
12.00 – Procesión de suba da Virxe do Carme, acompañada pola Banda de Música das Pontes, Banda de Gaitas Alfaia e A.C. Alende, a continuación ofrenda floral á Virxe do Carme. Praza do Carme.
13.00 – Misa solemne cantada pola Coral Endesa. Praza do Carme.
14.00 – Actuación da A.C. Alende. Praza do Carme.
19.00 – Certame de Bandas. Auditorio Municipal.
Banda de Chantada, Banda de Barbadás (Ourense), Banda de Música das Pontes.
21.00 – Pasarrúas da A.C. Alende e Os Ponteses.
23.00 – Actuación de “La Oreja de Van Gogh”. Campo de Rugby.
00.30 – Verbena coas orquestras América. Praza do Carme.
Luns, 17 de Xullo
10.00 – Pasarrúas da Charanga Os Ponteses.
12.30 – Pasarrúas con Os Trevillas.
12.30 – Misa de Cofrades. Capela do Carme.
14.00 – Concerto da Banda de Música das Pontes.
16:30 – Parque Infantil: hinchables, xogos. Colexio Santa María
21.00 – Pasarrúas cós Trevillas.
23.30 – Verbena coas orquestras Players e Lamas. Praza do Carme.
Xoves, 18 de Xullo
20.30 – “El Pisito. Busco piso nesta zona”. Espectáculo cómico de rúa. Trapu Zaharra (donostia).
21.00 – Pasarrúas.
22.30 – Noites de Cine: As crónicas de Narnia. Colexio Santa María.
Mércores, 19 de Xullo
22.30 – Magos no país das marabillas, na Praza do Carme. Espectáculo de Maxia có Mago Antón e outros.
Xoves, 20 de Xullo
20.00 – Pasarrúas dos Grupos do Festival Folclórico Internacional.
21.00 – Festival Folclórico Internacional. Pavillón Polideportivo:
Grupo de Danzas Magisterio
Telón Abierto, de Ciégo de Ávila. Cuba.
Venres, 21 de Xullo
20.00 XXI Mostra de Música Coral no Cine Alovi:
Orfeón Manchego. Albacete.
Real Coro Toxos e Flores. Ferrol.
Agrupación Coral Endesa. As Pontes.
22.30 – Noites de Cine. Valiant. Colexio Santa María.
Sábado, 22 de Xullo
Festa dos Maiores nos xardíns municipais, patio do Colexio Santa María e Praza de América. Acutación das Orquestras Solara. Manolito o Pescador e Farruco.
Domingo, 23 de Xullo
22.30 – Nabiza Rock ’06 (na Fraga): Ogmios, AK47 e Dr. Funkenstein como grupos locais e Fundación Tony Manero e Pal Keli (ex-integrantes do grupo o’Funk’illo).
Luns, 24 de Xullo
23.00 – Festival Folk: Muxarega, La Bottine Souriante, Berrogüeto.
Martes, 25 de Xullo: Romaría da Fraga. Festa declarada de Interese Turístico.
12.00 – Misa na Capela do Carme.
13.30 – Sesión Vermú coa Orquestra América S.L.
17.00 – Merendas amenizadas pola charanga Os Ponteses.
21.00 – Actuación de Lamatumbá
23.00 – Verbena popular coa Orquestra América SL.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios