O CIR convoca o I Concurso de ideas empresariais

36

O Centro de Iniciativas e Recursos da Economía Social das Pontes convoca o I Concurso de ideas empresarias, iniciativa que nace co fin de promover a cultura emprendedora no municipio e atraer proxectos empresariais que se desenvolvan en torno ao Centro de Iniciativas e Recursos para a Economía Social, en colaboración con outras institucións.
Esta iniciativa sitúase no marco do Plan de Xestión do Centro e, concretamente, en torno á súa área de actividade 3: Promoción cara ao exterior. Non obstante, o seu alcance vai máis alá do meramente promocional e coincide coa esencia do proxecto do Centro de Iniciativas e Recursos en torno ao fomento da emprendizaxe.
Tedes as bases do concurso en aspontes.net

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios