A Xunta pásase a e-administración

38

Lendo agnix.org:
“A Oficina virtual da Consellería de Economía e Facenda permite xa a tramitación a través de Internet de todos os tributos da súa competencia, como as transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, sucesións e doazóns, e patrimonio, entre outras …
O conselleiro de Economía e Facenda, Xosé Ramón Fernández, presentou onte na delegación da Consellería en Vigo todas as melloras que supoñen este novo paso, que asegurou, ‘Unha mellora no servizo tanto para particulares como para colectivos profesionais que actúan de intermediarios ou usuarios autorizados’.
Con estas novas melloras encamiñadas a e-administración, permítese un maior achegamento aos cidadáns que poderán xestionar os trámites dun xeito mais áxil beneficíandose das vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías.”…


Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios