O CESGA e os GUGL galegos asinan un convenio de colaboración

66

Lendo mancomun.org:
“O CESGA e os Grupos Galegos de Usuarios de GNU/Linux (GUGL) veñen de firmar un convenio de colaboración co fin de acadar unha maior implantación do software libre en Galiza.
O acto da firma tivo lugar ás 12:00 nas dependencias da Xunta de Galicia, onde estiveron presentes a directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Elena Veiguela, o director xerente do CESGA, Javier García Tobío, e os representantes dos diferentes grupos.”…


…”Os grupos asinantes son:
* Asociación de Usuarios de Linux da Universidade de Santiago de Compostela (AULUSC)
* Asociación de Usuarios GNIX (AGNIX)
* Asociación Grupo de Usuarios de Linux de Ourense (GULO)
* Asociación Universitaria Grupo de Programadores y Usuarios de Linux (GPUL)
* Asociación Cultural Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPON)
* Asociación Grupo de Usuarios de Linux de Galicia (GLUG).
O obxectivo principal é incentivar a realización de seminarios e congresos, a organización de actividades de difusión de diversa índole, así como tamén a elaboración de contidos de interese (CDs, publicacións…) no marco da Iniciativa Galega polo Software Libre – mancomun.org.
As diferentes propostas dos grupos plasmaranse nun plan de actuacións que deberá ser presentado nun prazo de 60 días e que, tras ser consensuado co CESGA, deberá materializarse no período que abrangue até decembro de 2007.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios