COFRARÍAS PONTESAS DENDE O SÉCULO XV (1ª Parte)

131

O feito de ter deixado a historia de lado fixo de As Pontes un pobo no que poidera parecer que no verán nunca houbo festas despois de pasado o Carme, pero iso non é verdade. O fenómeno poboacional e a transformación na vida do pobo, fixo que existise unha opción por aproveita-las festas de agosto doutros lugares e que desapareceran as festas propias. Nos vindeiros artigos quedará constancia das celebracións do mes de Agosto adicadas á Nosa Señora da Asunción, ás festas de San Caetano e San Roque, ou ás do barrio de “Yllade”.
Moitas foron as festas locais que desapareceron. Algunha, coma o Corpus, intentou ser recuperada recentemente pola Asociación “Lembranza da Vila”.

cofradias.jpg


No presente artigo imos a achegarnos ás Cofrarías da Parroquia de Santa María de As Pontes. Nas máis antigas cofrarías existe comúnmente a orixe nun gremio. O gremio era unha agrupación de persoas que traballaban no mesmo oficio, estaba organizado por categorías profesionais e controlaba o exercicio da profesión. O gremio tiña representación oficial, era escoitado pola corporación municipal antes de aproba-las ordeanzas e participaba na vida política de forma activa. Cada gremio organizábase a nivel de aprendiz, oficial e mestre (lembremos a aquel mestre de cantería de 1808, “Juan Sueiro, maestro de Cantería y mampostería, Vecino dela Parroquia de esta Villa”, que recollín no anterior artigo de “Os Comercios en As Pontes antes da Guerra Civil”). Un gremio que, por exemplo, tivo moita importancia no ámbito de As Pontes, e perdurou longo tempo, foi o dos arrieiros ou carreteiros.
Os gremios estiveron presentes na Igrexa a través das Cofrarías. As Cofrarías foron agrupacións de fieis que, baixo a advocación dun santo, organizaban certas actividades de tipo relixioso. As Cofrarías foron moi ben vistas pola Igrexa que as tutelou e protexeu, especialmente na nosa diócese de Mondoñedo o bispo Isidro Caja de la Jara (1583-1593). Concedíanselle indulxencias ós cofrades; pois animaban a vida parroquial e celebraban cultos nas diversas capelas (ou altares) dos templos parroquiais (caso da capela de San Felipe, das Dores e de Santiago na parroquial de As Pontes). Ata o século XVIII estiveron en auxe e a partires desta data comezaron a debilitarse. Para non extinguirse uníronse as unhas coas outras (Caso en As Pontes de San Roque e San Caetano, ou San Antonio, Ánimas e San Xosé). Rexíanse por uns estatutos ou constitucións, modificables, que encabezaban os libros de actas e que, ante o deterioro ou desaparición dos anteriores, se redactaron novamente no século XVIII (así aconteceu coa cofraría do Rosario). Os cofrades reuníanse en cabildo unha vez ó ano e unha directiva rexía a cofraría. En cabildo se daba conta da xestión e se trataban os temas relativos á piedade, necesidades e relacións con outras cofrarías. Estableceron a súa sede nas parroquias.
Cada cofraría tiña o seu capelán, mullidor e maiordomo. O capelán era un sacerdote que velaba pola vida espiritual dos cofrades e celebraba os cultos. O mullidor, unha especie de sacristán, coñecedor do protocolo da cofraría (os estatutos), preocupábase por dispoñe-lo necesario para as celebracións, avisaba ós responsables, tocaba as campás, trasladaba a cera, estandartes… á casa dos falecidos membros cofrades… O maiordomo encargábase de organizar a festa do patrón, coidaba dos caudais da cofraría, e era responsable dos bens da cofraría que se lle entregaban baixo inventario; era elexido en cabildo e dábaselle un ramo como atributo do seu cargo. Por iso hoxe se lle chaman “ramistas” ós compoñentes das comisións de festas. Un escribán levantaba acta do cabildo.
Nas visitas pastorais o Bispo revisaba os libros e as contas das cofrarías. Os cofrades pagaban unha limosna ó inscribirse, xeralmente entregaban cera ou o seu equivalente en diñeiro, e contribuían cada ano cunha cuota módica (caridades) para o seu mantenemento.
Había cofrarías de obrigatoria inscripción, como a dos gremios; outras de afiliación voluntaria pola devoción dos fieis, e outras de recomendada piedade (Santísimo, Ánimas; que foron instituidas en tódalas parroquias).
Tódalas cofrarías celebraban o seu santo patrón con vísperas, misa solemne (na que se tocaba o órgano), sermón e procesión amenizada por un “tambor” e un “gaitero” (en As Pontes no 1839 o “gaiteiro Francisco Carballeira, acompañado do seu fillo). Ó día seguinte da festa se celebraba unha misa de réquiem polos cofrades falecidos (como queda ainda hoxe, en As Pontes despois do Carme) e ese mesmo día pola tarde se facía o cabildo. Cando falecía un cofrade, o mullidor se encargaba de: dar aviso ós seus compañeiros, organiza-los turnos do velatorio, leva-lo cadaleito, a cera e os panos á casa do defunto, abri-la fosa e toca-las campás. (Cf. Carlos Adrán Goás, Semana Santa 2002, Catálogo da Exposición “Gremios y Cofradías”, Editado polo Instituto de Estudios Viveirenses e o Excmo. Concello de Viveiro; Cf. R.S. López López, “Las cofradías gallegas en el Antiguo Regimen”, Obradoiro, Santiago 1990).
De estas cofrarías, unhas pretendían fomentar os novos cultos e devocións que impulsaba o Concilio de Trento, coma era o caso das do Santísimo Sacramento, Virxe do Rosario, Ánimas do Purgatorio ou San Caetano. Outras, trataron de encauzar vellas tradicións, moi enraizadas na imaxinería popular, que invocaba a distintos santos, implorando o remedio para as enfermidades. Por exemplo a defensa contra a peste era encomendada a San Roque. No caso de As Pontes, a Cofraría de San Roque, de previsible presencia anterior a Trento, rematou uníndose a unha cofraría postridentina coma a de San Caetano.
Fóra dos traballos de don Enrique Rivera Rouco sobre a Cofraría do Carme, non existen traballos que recollan documentación sobre as Cofrarías de As Pontes. Trátase polo tanto de presentarvos documentación inédita, para que sexades vós os que sigades profundizando e realizando traballos en base a esta documentación. Nesta ocasión voume centrar nas Cofrarías que existiron na Parroquia de Santa María, quedando para outras ocasións o estudio das Cofrarías que existiron no resto das parroquias do Concello.
Xabier Martínez, nos derradeiros momentos do Circulo Lítico
ARCHICOFRADÍA DO ROSARIO
Refundada o 23 de Febreiro de 1770

Esta Cofraría xustificaría, polo tanto, a presencia de santos da orde de Santo Domingo (o mesmo Santo Domingo) entre a imaxinería antiga que hai na Igrexa de As Pontes (ver retablo da Virxe das Dores da parroquial).
A Cofraría do Rosarío é unha das asociacións vinculadas á Orde de Predicadores de Santo Domingo de maior tradición. As súas orixes remóntanse ata o segundo tércio do século XV cando Alain de la Roche en Douay (Francia) e Jacobo Sprenger en Colonia (Alemania), a estableceron, recibindo a confirmación apostólica no 1475.
O seguinte documento que vos presento son catro folios que se conservan da súa refundación, onde se recollen as Constitucións e a súa aprobación no Convento do Rosario de San Saturnino polo predicador Xeral Fr. Juan Antonio González o 23 de Febreiro de 1770. Normalmente estas cofrarías existían previamente, pero a conservación dos seus libros era mala, e continuamente ían sendo renovadas e dábaselles novos pulos ó seu funcionamento (así aconteceu no 1770, sendo párroco Alexandro da Bouza y Maseda –o que fixo o mapa de As Pontes que don Enrique publicou no seu libro- e no 1876, sendo párroco Antonio Angel de Riego). Dásenos o dato de que a cofraría estase refundando. Penso que non me equivoco, e co tempo irei presentando máis documentación, se adianto nun mínimo a data en 100 anos para a súa inicial fundación, incluso máis, porque o Sínodo Mindoniense de 1586 afirmaba: “tambien deffeamos mucho, y lo hemos procurado, que ninguna yglefia nueftra aya fin tner la Confradia del Rosario de nuesftra Señora, en que fe reciben los Confrades fin dar intereffe ninguno, y eftà llena de mil gracias é indulgencias”. Por este motivo é polo que me inclino a afirmar que probablemente a finais do XVI xa tería nacido esta cofraría en As Pontes.
DOCUMENTOS DO SINODO MINDONIENSE DE 1586 ACERCA DAS COFRARÍAS NA DIÓCESE (da edición facsímil dos Sínodos Mindonienses dos séculos XVI e XVII, Xunta de Galicia, Santiago 2001, 145-148 pp.

Sinodo-Mindoniense.jpg
Podedes ver os documentos orixinais premendo neste enlace

A imaxe antiga da Virxe do Rosario existíu ata o século XX, pero a nova imaxe do ano 1934 encargada a José Rivas, escultor compostelano de renome, que na actualidade se atopa no coro parroquial, sustituíu a esa antiga imaxe, que durante anos estivo almacenada na sacristía superior da Igrexa de As Pontes. Nunha base lateral do arco do presbiterio estivo ubicada no seu día a imaxe antiga do Rosario nun dos dous retablos da entrada do presbiterio (ou o que se traladou a Illade ou o que se atopa aínda hoxe na capela do Rosario no Caneiro – ambos trasladados no 1908 dende a parroquial).
DOCUMENTOS ORIXINAIS
Cofraria-Rosario.jpg
Podedes ver os documentos orixinais premendo neste enlace

TRANSCRIPCIÓN
Constituciones desta Santa ArquiCofradia confrimados porla silla Apostolica en Colonia en ocho de septiembre del Año de 1475.
Primera Constitución
Qualquiera Persona de qualquiera sexo y calidad que sea puede entrar a ser cofrade del Ssmo Rosario haciendose escribir en este libro pidiendolo porsiaquien tenga facultad para ello la qual authoridad solo tiene el Señor Capellan mayor y no otro alguno del Pueblo, enla inteligencia que no se puede pedir cosa alguna por entrar a ser cofrade del Rosario de Maria Smª, pero se puede recebir lo que los que se escribieren quisieren dar voluntariamente por limosna que esta dispuesto y ordenado por los santos Pontifices Leon decimo y Pio quinto
Segunda
Cada cofrade esta obligado arezar en cada seana el Rosario entero que compone de quinze dezenarios pero con este rosario entero se cumple diurdiendole por tercios y rezando cada dia cinco decenarios y admas deesto deben ayunar la vispera de Stº Domingo author de el Rosario; pero nada deesto obliga apecado y lo mesmo se dice delas demas constituciones, pero adviertan los Cofrades que sin omitir lo dicho no se peca tampoco se gana cosa alguna.
Tercera
El Cofrade que en toda una semana deJa de rezar el Rosario de María Smª incure en la pena de que en aquella semana queda privado de todos los sufragios gracias y bienes espirituales que en todo el mundo hazen los Cofrades del Smº Rosario
Quarta
El Cofrade que con razonable motibo haze que otro reze por el el Rosario goza de todas las gracias y sufragios del mesmo modo que si le rezase por sí mesmo. pero esto se debe entender quanto al efecto de la participacion
Quinta
Qualquiera Cofrade que quiera rezar y aplicar su Rosario por alguno o algunos de la Cárcel deel Purgatonio hagalos escribir en este libro siantes de ahora nolo estaban y rezando por ellos el Santo Rosario por la participación le aprobechara para salir de aquellas penas.
Septima
Enesta ArquiCofradia ha de aver cada año quatro Aniversarios por los cofrades difuntos y han de ser en los dias inmediatos a las festividades dela Purificación, Anunciación, Asumpción y Natividad de la Virgen y deello sedebe dar notiza alos Cofrades.
Septima
Los Cofrades deben celebrar conla devoción más posible los dias de los Misterios de () que se contemplan y ofrecen en Santo Rosario y deel memos modo las festividades dela Virgen y Concepcralidad la fiesta principal del Rosario que es el primer Domingo de Octubre en cuyo dia la Igleisa Ntra Madre semiro gloriosa por el triunpho que por las oraciones y suplicas deel Smº Rosario Consiguio en Lepanto deel exercito mas poderoso deel Turco enemigo Capital de el nombre de Christo = Cuyas constituciones puse y leí en el dia de la fundacion y conmigo las firmaron el Señor Capellan mayor y otros que se hallaron presentes aquienes exorte que para el mayor culto de Dios y de su Smª Madre Reyna del Rosario tomassen todas las providencias possibles afin de que en los dias de los Misterios y fiestas que en esta septima constitucion van nominados arga copia de señores confesores para que los cofrades puedan ganar las muchas Indulgencias asi parciales como plenarias queestan anexas a tales dias y aprobechan de ellas para bien de sus Almas satisfaccion desus culpas y alivio y perpetuo descanso de los que están padeciendo las horribles penas del Purgatorio. Así lo exorto suplico y encargo al Señor Capellan Mayor y alos fundadores que firmaron conel en este dia de la fundacion que es primero de Marzo de 1770.
Fr. Juan Antonio Gonzalez. Predicador General
Alexandro de Bouza y Maseda
() Gonzalez
En el Nombre dela Smª Trinidad Padre Hijo y Espiritu Santo, y para mayor culto honrra y gloria suia dela Reyna delos Angeles Maria Smª Señora nuestra y del glorioso Patriarcha Stº Domingo de Guzman author de el Smº Rosario: yo Fr. Juan Antonio Gonzalez Predicador Gen(l); en virtud dela facultad que se me concedio, pase ala Villa delas Puentes, para el efecto de renovar, Ynstituir y fundar canonicamente la ArquiCofradia deel Smº Rosario en este Pueblo en atención a los muchos deseos que tienen el Liz(do) Dn Alexandro de Bouza y Maseda Cura propio dedicha Villa y sus feligreses; y porquanto han conseguido letras patentes de Nrº Excelentisimo y Rmº P(e) Gen(l) Juan Thomas de Boxadors Maestro de todo el Orden de Predicadores, y han obtenido tambien el consentimiento deel Illmº Señor Obispo de Mondoñedo; pase a hazer dicha fundacion enel dia mas proporcionado; y para que nada faltasse alo que esta dispuesto y decretado por los sumos Pontifices hize primero procesion de la Virgen con su Stª Imagen y Luego sermon al Pueblo exponiendole las muchas gracias, Jubilios, privilegios y Indulgencias, que estan concedidas por la silla Apostolica a los cofrades de el Rosario de Maria Smª; y los fabores que de aquella soberana Madre reciben sus Cofrades en vida y en Muerte; y asimesmo la eficacia del Smº Rosario para mejorar de vida; y despues detodo lo dicho hice los nombramientos siguientes: Primeramente nombro y declaro, por altar y ca/
Capilla del Rosario el Altar Mayor, conla Santa Imagen que se halla enel y ael deben los Cofrades orar siempre que ayan de ganar las Yndulgencias: Mas nombro por Prior, Abad y Capellan mayor al Liz(do) Dn Alexandro de Bouza y Maseda cura de esta mesma Yglesia y Parroquia de nrª Señora delas Puentes, ysele dan a dicho Señor Prior y Capellan mayor todas las facultades para admitir y escribir cofrades por ir graciosamente y sin pedir cosa alguna, aqualesquiera personas que quisieren escribirse eneste libro de Yndulgencias, y tambien podra escribir los difuntos para que estos puedan gozar de los sufragios y privilegios; pero esto se entiende quando selo pidan los cofrades: Asimesmo se le concede a dicho Señor Prior y Capellán mayor facultad para bendecir Rosarios, Belas, Rosas y aplicar a los Cofrades la Yndulgencia plenaria que les esta concedida para la hora de la muerte contodo lo demas que de qualquiera suerte puede pertenecer al empleo de Prior y Capellan mayor en cargandole el mayor Zelo y cuidado para que tan saludable devocion baia en aumento; y para que en ningun tiempo falte Prior y Capellan mayor nombro para este encargo a todos los que le sucedieren en el oficio de Cura.
Mas señalo por fiesta principal deesta Cofradía el dia principal del Rosario quees el Domº primero de Octubre en cuyo dia recibio la Yglesia singular fabor de María Smª. Asimesmo señalo y pongo las Constituciones que esta Arquicofradia tiene aprobadas por la silla Apostolica.
Toda la qual fundacion hace y hago con la protexta de que si en algun tiempo se fundase en este Pueblo Convento de el Orden de Predicadores se hade pasar ael dicha ArquiCofradia con todo lo perteneciente aella y enesta conformidad la otorgo y fundo In Nomine Patri et Filii et Spiritus Sancti Amen. En fe de lo qual lo firme y firmaron los infraescritos con el presente Notario
Fr. Juan Antonio Gonzalez – Pre(dor) Gen(l)
Alexandro de Bouza y Maseda
y siguen las firmas/
Asiento delos Cofrades del SS Rosario Año de 1770
Dn Alexandro de Bouza y Maseda
Dn Agustín Gonzalez
Dn Manuel Amerelle
Dn Josph Goios
Dn Juan Cebrero
Dn Rosendo Carballeira
Marina Juana da Bouza
Juana Frz
Antonia Frz
Rosa Frz
Juan Paz
Pedro Paz difunto
Bizente Paz
Florentina Lopez
Juan Ambrosio do Barro
Juan Pardo y Osorio
Miguel do Castro ySanJurJo
Maria Frz de (Bay)
Josepha Frz
Maria Antonia Frz de Bay difunta
Rosendo Pardo Difunto
Isabel da Carballeira difunta
Maria Antonia dacarballeira difunta
Dn Luis da Fraga y(cale) difunto
Juantonio da Bouza y Serantes difunto
Dª Josepha da Bouza y SanJurJo
Isabel Lopez
Antonia Lopez
Cathalina Lopez difunta
Luis do Castro difunto
Maria Rosa Lopez difunta
Antonia Perez
Juan do Barro
Rosa do Souto
Maria do Souto
Maria Antonia do Souto
Manuel do Barro
Bizenta do Souto difunta
Dn Manuel Bazquez
Dª María López y Billaamil
Dn Antonio Lopez difunto
Dª María Santos y Pico Difunto
Dn Domingo Bazquez
Francisca Frz
Maria do Casal
Pedro do Pico difunto
Maria do Casal difunta
Juan de Bibero
Maria Frz
Marzela Frz
Joseph Paz difunto
Manuela Frz difunta
Maria Frz difunta
Francisco Bieite
Josepha Diaz
Maria Diaz difunta
Antonio Tojeiro difunto
Antonia da Balsa
Bernardo Preto difunto
Bizente Preto difunto
Jacobo Lopez difunto
Bernarda da Balsa difunta
Juana da Balsa difunta
Gregorio Cebrero
Thomasa Fr
Dominga Rodríguez
Antonio de Cedan difunto
Maria Rodríguez difunto
Gregorio de Cendan difunto
Francisco de trasancos difunto
Bonifacio do Barro
Manuel de Osa
Juan Frz Frz Leal
Angel de Osa
Bizente Rz
Ysabel Fdz
Maria Frz
Juan Franco
Madagnela Lopez
Maria Bentura Lopez
Salvador Paz
Luis Franco difunto
Jazinta de Lago difunta
Joaquín Cebrero
Josepha Lopez
Andres Cebrero

DOCUMENTO ORIXINAL EN LATÍN DE FUNDACIÓN DA ARQUICOFRARÍA

Orixinal-fundacion1.jpg
Preme na imaxe para ampliala

FOTO DIPLOMA DE 1769
Foto-Fun1769.jpg
Preme na imaxe para ampliala

DIPLOMA DE CONCESIÓN DE PERMISO PARA A REFUNDACIÓN DA ARCHICOFRARÍA DO ROSARIO. 15 DE SETEMBRO DE 1769 SENDO CAPELÁN ALEXANDRO DA BOUZA Y MASEDA E CONCEDIDO POR FR. JOANNES TOMAS DE BOXADORS
DIPLOMA DE REFUNDACIÓN DA ARCHICOFRARÍA DO ROSARIO. 30 DE OUTONO DE 1876 SENDO CAPELAN ANTONIO ANGEL DEL RIEGO
FOTO DIPLOMA DE 1876
Foto-Fun1876.jpg
Preme na imaxe para ampliala

Moitas outras cofrarías estiveron activas na vida social e relixiosa de As Pontes dende o século XV. En vindeiros días presentareivos a Cofraría que unía ás Ánimas, San Xosé e San Antonio, da que existen Constitucións e Ordenanzas de 1694. É bastante probable que cada unha de estas cofrarías funcionarían anteriormente por separado, o que nos leva a adiantar en bastantes anos a súa existencia. Teñamos en conta que a Cofraría de Ánimas xurdiría pouco despois das Constitucións Sinodais de 1586, o mesmo que a Cofraría do Santísimo Sacramento, dado que estas Cofrarías se impuxeron dende o Título Vixésimo Sexto das Constitucións Sinodais da diócese de Mondoñedo. E coñeceremos tamén a Cofraría de San Roque e San Caetano, da que contamos con datos de ter funcionado de xeito conxunto dende 1783 ata 1918. Adiantarvos que polo libro de Cofraría de San Roque e San Caetano contamos con datos sobre o gaiteiro Francisco Carballeira, parece que veciño do Paraño, que amenizou nas festas de San Roque en As Pontes no 1839. Por ese mesmo libro sabemos que a insignia desta cofraría era unha bandeira de damasco verde coa súa cruz de metal branco, e coñecemos que quedou constancia do comercio con outras vilas coma por exemplo coa vila de Neda, de onde chegaba a cera á nosa vila no XVIII e XIX (dato que lle adico á Delegación do Eume da Asociación Galega de Apicultores) . Pero todo isto seguirei a contárvolo o vindeiro día.
Polo tanto, comprobamos que As Pontes tiña bastantes festas estivais, e moitas outras ó longo do ano. Sabemos que celebrou á Virxe do Rosario tódolos primeiros de Outono, pero ademais festexaba á que era de certo a súa patroa, A Virxe da Asunción, o 15 de Agosto. A esta festa agregábase a conmemoración a San Roque, coma aconteceu en moitas vilas galegas nos séculos XVI-XVII e XVIII. E non esquezamos que esa mesma festa se vivía no Deveso. O mes de agosto estaba cheo de festas e ninguén se ía do pobo, nin se convertía nunha vila pantasma, porque mesmo en Yllade se conmemoraba o San Salvador o día 6 de Agosto. Todas estas festividades do mes de Agosto, e moitas outras do resto do ano, foron perdendo protagonismo ata desaparecer por completo. Pero As Pontes tivo vida propia de sí nesas datas, a fuxida ás festas de Cedeira, entre outras, é un fenómeno bastante actual e que responde ás características peculiares da poboación e da vida que se vive hoxe nesta vila. Ainda cando xa non as celebremos, que na nosa historia, canda menos, non queden esquecidas.
Xabier Martínez, nos derradeiros momentos do Círculo Lítico

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios