25 XUÑÑÑÑO: A FRAGA TRADICIONAL HISTÓRICA E AUTÉNTICA

63

ESTE DOMINGO, 25 de XuÑo con Ñ, iremos xantar á fraga e a pasalo ben, a modo de merendas, manta no chan e mesiña da plaia, será unha festa da Fraga como o era ata non hai moito… non hai que apuntarse, nen pedir permiso, nen marcar nada, ne cravar nada, nen pelexar por sitio… solo hai que ter ganas de pasalo ben e compartí-la festa cos mais, levar comida para 1-2 persoas e unha manta nunha mochiliña e a baliar e arrolar, que a fraga nos agarda…
IMOS TODOS ALÓ !!!!! xa estamos moitos preparando as empanadas, os liscos, o cafe de pota e os chupiños, pasádeo !! :))))

festadafraga_01.jpg


Non necesitamos, presupostos, nen orellas de vangogh
Non necesitamos carabanas, nen cabanas, nen coches, nen remolques
Non necesitamos luz, nen coches de choque, chiringuitos nen tenderetes,
Non necesitamos orquestras, nen tira-lo viño polo aire, nen tirar ninguén ao rio, nen pasar frio
Non necesitamos escenarios nen palcos, nen vallas de protección para cabalos, nen 100.000 megawatios
e tampouco queremos necesitar tales cousas….

festadafraga_02.jpg

Queremos unha Festa da Fraga como a que había ata hai 15 anos, sen cerrumes, nen lonas, e chea de comida, mesas e merendas, e música do pais,
…e por iso a imos facer o 25 de Xuño, e só fai falta que cada un leve comida para un par de persoas, unhas mantas… e o que queira pode montar mesa ou sillas.. e non se necesita mais…
festadafraga_03.jpg

Será un xantar e un serán como o que debera seguir sendo o 25 de Xullo, e a maioría das romarías galegas que se están botando a perder
Chamemos á xente maior das pontes, á que tivo que deixar de ir á fraga por invasión,
chamemos a gaiteiros doutras zonas
e arrolemos na fraga,
un día de festa galega
– – – > > > P A S Á D E O ! ! ! ! < < < - - -
festadafraga_04.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios