España conta xa con seis millóns de usuarios de Wi Fi

35

Lendo codigocero.com:
“Cada vez é máis habitual nas cidades galegas a seguinte escena: mozo ou moza entra nun café, senta, pide unha consumición e abre un computador portátil. Ofrecer Internet sen fíos, para moitos hostaleiros e clientes, cumpre unha función semellante ós xornais do día postos nun revisteiro. Ou incluso cá tapa ou ración coa que se acompaña unha bebida. E as cifras de usuarios da Rede sen fíos van polo tanto medrando, aínda que a un ritmo máis baixo do que medran noutros países do norte de Europa. Segundo un estudo da empresa IWE-X (visto en Baquia.com), España conta xa cuns seis millóns de internautas que entran no ciberespazo a través de Wi Fi.”…


Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios