AXUDA Á CURTAMETRAXE NAS PONTES !!

89

Caixa Galicia: 2091 0230 27 3000152126
O próximo luns, 3 de xullo comezará a rodaxe da curtametraxe O Reflexo Da Lembranza…


O próximo luns, 3 de xullo comezará a rodaxe da curtametraxe O Reflexo Da Lembranza na nosa vila dirixida polo pontés Roberto Rego. Teremos a oportunidade de presenciar por primeira vez en As Pontes, a representación de Fely Manzano(señora Carme pratos combinados) Pichi Varela(locutor radio galega) e Pepe Soto(o noso actor das Pontes) entre outros a adaptación que fixemos sobre a lenda do río Eume.
Aproveitamos para poñernos en contacto dende amigus con tódalas aquelas entidades, organismos ou empresas que esteñan dispostas a colaborar económicamente na axuda da curta a cambio de publicidade na mesma e na nosa páxina web(www.oreflexodalembranza.tk) xa que quedan cinco días para a rodaxe e fáltanos unha cantidade importante para o aluguer do material necesario para dita rodaxe.
Diputación Coruña, Caixa Galicia, Caixa Nova, Concello San Sadurniño(anulada secuencia nese municipio) Estrella Galicia foron algunhas das entidades das que intentamos botar man para levar a cabo a curta, e a resposta que levamos foi que estes traballos non entraban dentro das axudas que daban ou mesmo dar largas sen poder explicar o proxecto que traemos entre mans.
Isto é a realidade que temos, portazo tras portazo, despois que non digan que o mundo audiovisual galego está en decadencia. Estamos a espera do comunicado por parte da Xunta da aceptación da subención para dita rodaxe, pero o comité de avaliación aínda se reúne esta semana e nos comezamos este luns.
Deixamos un número de conta, para calquera axuda que se facilite será moi agradecida porque é o único camiño que nos queda para poder reunir algo de cartos para o material, e creo que para o pobo é unha experiencia positiva para demostrar que estamos ahí.
Caixa Galicia: 2091 0230 27 3000152126
Unha aperta

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios