Non ao pr€stamo de pago nas bibliot€cas

68

Lendo agnix.org:
“A avogada xeral do Tribunal de Xustiza da UE, a británica Eleanor Sharpston, propuxo aos xuíces que condenen a España por non obrigar ás bibliotecas públicas ou privadas sen ánimo de lucro a pagar un canon en concepto de dereitos de autor polo préstamo gratuíto de libros. Esa posibilidade, segundo o Goberno, podería conducir á pechadura de moitos deses establecementos e ata poñería en perigo a supervivencia das bibliotecas escolares. “…


…”Ala no ano 1992 a UE europea aprobou a Directiva 92/100/CE, sobre dereitos de aluguer, préstamo e outros dereitos afíns.
As directivas comunitarias son normas emanadas da Comisión Europea e de obrigado cumprimento, pasan a formar parte do ordenamento xurídico dos estados membros, e os obriga a desenvolver a lexilación propia necesaria para á adaptación aos parametros establecidos nelas.
De xeito que si nos prazos establecidos, normalmente tamén na propia directiva, os estados non desenvolven a lexislación particular, a directiva pasa a ser de aplicación derivada.
Esta directiva en concreto obriga a cobrar un canon de aproximadamente 1€/exemplar, xa sexa libro, vídeo, DVD ou calquera outro tipo de obra existente nas bibliotecas públicas.
Existen multitude de colectivos que se opoñen a semellante barbaridade. Pero, a Comisión Europea abríu expediente sancionador ao Estado español e a outros que tamén se negan a cumprila; Luxemburgo, Italia, Portugal e Grecia. “…
Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios