O que será a festa da Fraga deste ano

40

Onte ás 19.00 horas en Dopeso tivo lugar a xuntanza da que falabamos. Asistimos unhas 50 persoas e un amigu 😉
O resumo moi resumido é que a comisión de festas propuxo unhas medidas a tomar das que se falou laaargo e tendidooo, pero ó final non se modificou nin engadiu nada. Só se tomou nota de millorar a seguridade.
Creo que practicamente tódolos temas tratados nesta páxina (incluidos os foros) foron tratados, ou polo menos comentados, aínda que houbo posicións de todo tipo: dende unhas francamente egoistas, ata outras que non tiñan xeito ningún. Pero parecía que o pensar en xeral era que estaba ben o de poñer fora do parque os concertos e os chiringos.


Aa medidas que propuxeron son máis ou menos estas:
– A marcaxe das parcelas será a partires do día 11 ás 20.00 horas.
– As rúas Celso Emilio Ferreiro e A Fábrica serán de sentido único (cara arriba) e haberá que aparcar en batería.
– A rúa que baixa polo pavillón polideportivo e sube polo que era o mercado de gando estará pechada, e só abrirá unhas horas (que non lembro). Tamén terán unha tarxeta os veciños do poboado da Fraga para poder estacionar nesta rúa.
– No parque de Dona Rita non poderán entrar coches.
Tamén farán unha serie de recomendacións, como non usar ‘lonas negras’ no parque, porque non son ‘estéticas’, así como non usar estacas no parque…
Todo isto é escrito de memoria e seguro que se me quedan cousas ou as escritas non son moi exactas, así que non o tomedes ó pe da letra. Cando teñamos os datos oficiais, xa volos publicaremos.
Gracias a todos/as por participar 😉

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios