O DNI electrónico chegará a Galicia no mes de setembro

27

Lendo codigocero.com:
“A oficina piloto sita en Burgos para a expedición do novo DNI electrónico emitiu máis de 7.000 documentos de identidade, e agora a Dirección Xeral da Policía anuncia que antes de rematar o mes se poderán expedir os novos documentos noutras 13 cidades das comunidades de Cantabria e Castela e León.
Con isto péchase a primeira fase de espallamento do DNI electrónico en España, agardándose que para finais de ano xa estea dispoñible o trámite de expedición en 20 provincias, así coma en Ceuta e Melilla.”…


…”A seguinte comunidade que entrará no plano de implantación do DNI electrónico será Galicia, agardándose que en setembro chegue o novo documento á nosa comunidade, espallándose paulatinamente polo resto de España ata que chegue a todo o territorio a primeiros de 2008.”…
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios