ORIXE E HISTORIA DA CAPELA DO CARME E DA SÚA COFRARÍA (I)

921

Con motivo das Festas do Carme, imos a presentar en tres artigos a historia da Capela do Carme e da súa Cofraría, engadindo novos datos ó extenso traballo xa realizado por D. Enrique Rivera Rouco no seu momento, e presentando algúns dos documentos orixinais nos que se fundamentou, así coma outros que son inéditos.

Detalles da base do Cruceiro da Capela do Carme
Detalles da base do Cruceiro da Capela do Carme. Nel aparece a imaxe da Magdalena (anterior advocación da “Capela das Arañas”) e da Virxe do Carme


No ano 1987, D. Enrique Rivera Rouco traballou no Arquivo Diocesano de Mondoñedo os tres libros da Cofraría do Carme que alí se conservan:
Libro Primeiro: Anos 1741-1853
Libro Segundo: Libro de Ánimas ó que se lle incluíu o do Carme. Anos 1779-1923
Libro Cuarto: Anos 1854-1895
Non se conserva o libro III, aínda que don Enrique facía mención a un terceiro de contas e último de Cofrades que é un libro non numerado de comeza no 1954 e remata en Xaneiro de 1984, que se atopa na arquivo parroquial. A estos libros habería que engadir un libro de inscripción de Cofrades que inicia no 1924 e que remata no 1972.
Asimesmo a toda esta documentación hai que agregarlle As Constitucións Antigas da Cofraría do Carme aprobadas o cinco de Xuño de 1741e das que se conserva unha copia que realizou don Antonio Ángel del Riego, párroco que ó reformar a Cofraría no 1880 nos presenta as novas Constitucións xunto coas antigas, que xa figuraban en copia no libro I da Cofraría sito no Arquivo Diocesano de Mondoñedo.
Esta é a documentación dende a que don Enrique construíu o seu traballo, xunto con documentos de propiedade rústica da zona de Pontoibo que limitaban coas “inmediacións da Capela das Arañas” e co artigo que o párroco don José Río Seijo publicara na Revista das Festas Patronais “Puentes a su Patrona”, no ano de 1958, páxinas 18-23.
De ese traballo foi froito o seu libro de 23 páxinas “El Santuario de Nuestra Señora del Carmen de As Pontes de García Rodríguez. Su origen, historia y devoción”, publicado en Pontedeume no 1987, e que ampliaba longamente os datos aportados no seu libro. Oito anos máis tarde, en Agosto de 1995, publicaba no número 11 de “A Nova Unión” un resume de ese libro acerca do Santuario.
Intentando aportar novos datos, preséntovos, en primeiro lugar, a páxina inicial coa que comeza o primeiro libro de Cofrades. A súa forma decorativa ben poidera valer para ilustrar algún cartel das Festas do Carme, e o seu debuxo remítenos ó estilo do retablo da parroquia de Santa María de As Pontes. Retablo que conserva todavía hoxe, na hornacina da Virxe da Asunción na parte superior, columnas, estípites, predelas e fragmentos dun retablo previo que fora doación do licenciado Gonzalo Díaz de Aguiar y Pardo, párroco de As Pontes do que temos datos de rexentar a Vila alomenos dende 1645 a 1649, polo libro da Cofraría do Santísimo no seu libro primeiro. En 8 de Xuño de 1655 mandouse dorar este retablo, como recolle o citado libro. Ainda que poidera parecer que no documento a data que figura poda ser o 1790, refírese a 1740, o amanuense esmerouse nun ben retorto catro. O debuxo, ben merece ser presentado a continuación:
DOCUMENTO 1

Inicio do Libro da Cofraría do Carme 1740.
portada.jpg

É salientable que no folio 17 do libro I da Cofraría aparecen mencionados os Fundadores e Cofrades cos que iniciou a Cofraría no 1741. Así aparecen:
D. Pedro Faustino San Tomé y Aguiar (Crego párroco de Sta María)
D. Blas San thome y Aguiar (Crego de Santa María)
D. Phelipe Ynocente Piñeiro (Crego párroco de la “Vª Vieja”)
D. Juan Zebrero
D. Vizente Gayoso
D. Luis da Fraga
D. Mtheo de la (Raña)
D. Joseph de la Raña
D. Jacobo Lopez
D. Rosendo da Carballeyra
D. Juan Antonio da Fraga
El Secretario Cayetano Pardo
D. F(co) Basanta
D. Antonio das Vellas
D. F(co) Sardina
D. F(co) Santhome
Diego de Fontao
Andrea Lopez
Maria Manuela Ysabel SnJurxo
Luisa Pardo
Phelipa Lopez, criada de Dn Juan do Pico
Antonia Gnzez SnJurxo hija de Pedro Cabarcos
Domingo Lopez de Gondré y su muger
Bernarda da Balsa
Antonia da Balsa
Ana María Fdz
Gertrudis Sanxurxo
Silbestre Pampillo
Juan Antonio Pardo
Mª Antonia Fdez
Franco Lopez de la Cabeceyra
Muger de Caetano Pardo
Juan de Restrebada
Theresa Sánchez, muger de Juan de Restrebada
Domingo de Restrebada
Bonifacio do Barro y su muger dieron mitad de una jobenca de 3 años.
Ignes Fdez, Biuda de Andres Cabaleyro de Roupar
Manuel de Bilaboy.
Ó longo de este libro aparecen listados de Cofrades continuamente, e apórtannos datos como que en 1841 a cofraría chegou a ter 151 cofrades.
A presencia dun gaiteiro para a festa, e incluso para tocar na víspera aparece no caso das festas do Carme xa en 1742. Temos constancia de gaiteiros participando nas festas da vila xa no 1645, en que sendo maiordomo da Cofraría do Santísimo Gonzalo de Cerbicol, pagou 6 reais ó “gayteiro” para a festa do Corpus e 22 reais de viño.
Existiron moitos estandartes do Carme ó longo dos anos ata hoxe. Por arquivo fotográfico temos constancia dos dous últimos, pero no 1745 mercouse un estandarte “de Adamasco Blanco con sus Cenefas en Carnadas y en el estanpada LaYmagen de Nuestra Señora del Carmen”.
ESTANDARTE ANTIGO DA COFRARÍA, ANOS 20
Estandarte-1.jpg
Foto Vila, Fondo fotográfico do Museo Etnográfico do Monte Caxado

ESTANDARTE ACTUAL DA COFRADÍA 1947. CONFECCIONADO POLAS MONXAS CONCEPCIONISTAS DE VIVEIRO.
Estandarte-2.jpg

Foto anos 40. Foto Vila. Fondo fotográfico do Museo Etnográfico do Monte Caxado

Durante anos a capela non tivo retablo, fálase no 1745 dun “frontal de madera como altar fixado a la pared”, que se pintaría no 1754 ¿refírese a un novo retablo ou a este frontal?.
Os fondos económicos da Cofraría do Carme, axudaban tamén a dar pago dos gastos de fábrica da parroquia. Así non só se axudou cos costes do antigo e actual retablo da Igrexa parroquial senón tamén no 1761 co púlpito da parroquia, no 1768 para os canteiros que traballaron na nave lateral do Evanxeo na Igrexa (axudouse con 300 reais), coa nova campana da parroquia no 1788 (aportouse 580 reais), coa naveta e incensario de prata coa súa culler no 1800 (ver artigo previo – con 200 reais), e en 1803 colaborouse con 177 reais para a famosa lámpada de prata (á que adiquei un artigo en AMIGUS) do afamado prateiro afincado en Lugo, Liz de Orbazay, para a Igrexa da Vila, que como sabemos foi posteriormente roubada (1829).
Tamén se empregaron fondos da cofraría do Carme con función social, así no 1771 empréganse 30 reais á obra do Colexio de Mondoñedo por mandato do Bispo.
Di D. Enrique no libro do Santuario, na páxina 19, que a actual imaxe da Virxe do Carme foi doada no ano 1872, como se deduce da partida “data” do devandito ano, que consigna: “item, a D. Manuel Baño, escultor, por facer o escaparate da Virxe nova do Carme, pinta-la vella, Santa María Magdalena, San Ramón, unha imaxe pequena das dores e o frontal do altar… 364 reais”. Segundo esto en 1872 conservábase a antiga imaxe do Carme. Esa primeira imaxe fora retocada na pintura xunto co San Ramón e outros retoques da capela en 1776. Ese traballo realizabao un “Maestro depinturas” que se chamaba Manuel Aguiar, e hai constancia do seu nome nas contas do ano 1781. Tamén en 1851 esa antiga imaxe fora retocada polo pintor José Martínez. En 1786 mercárase a imaxe dun Cristo para a capela, que xa non se conserva.
coroa.jpg
Coroa antiga da Virxe da Vilavella, réplica da Coroa antiga do Carme que todavía se conserva

Tamén hai constancia de carpinteiros: un carpinteiro da vila en 1773, que se chamaba Pedro Jato, que construíu unha porta da capela cos seus marcos, e doutro carpinteiro que en 1780 fixo unha tarima para o altar e que tiña por nome Manuel do Souto. E en 1866 Bentura González, tamén carpinteiro realizou diversos traballos para a Cofraría.
O 5 de Xuño de 1789 a capela é visitada polo Bispo, que ordena; “y cerrará el atrio de ella con unas rejas de palo en disposicion que no puedan entrar en él las gentes, ni las caballerías, profanandole conindecencias como antes se ha experimentado”. Esto supuxo un forte gasto ó ano seguinte. En 1790 figura nas contas “384 reales ymporte dela compostura de la entrada de la Capilla compuerta, rejas, pintura para su duración, blanquearla, reparo del techo, todo ello según mandato de SSI”.
Tal e como recolleu don Enrique no libro do Santuario, éste tiña moitos gados encargados a xentes polos barrios do pobo, e abellas, das que anualmente, nas contas, aparecen sempre as productividades de mel e cera, cera que soía levarse e intercambiarse cos cereiros de Neda (ver artigo anterior, no libro do Carme, tamén fala de ese intercambio con Neda, así por exemplo en 1798).
Antes de facerse a actual espadana, preparada para dúas campás, a Capela do Carme tiña un arco pequeno que formaba espadana cunha soa campá. Esa antiga campá, a pequena da capela do Carme fíxose no 1806, pero probablemente a actual é refundición da vella.
No libro da Cofraría do Santísimo, ó que me referirei nun futuro artigo, aparece o dato de que en 1880 inscribíronse nesa cofraría algúns habaneros residentes temporalmente na vila de As Pontes. A presencia de xente emigrante, é tamén un dato curioso do que temos constancia. No 1923 aparece nun listado de cofrades, no libro II, o nome de Gaspar Rivera, coma un emigrante en México.
Listado de Maiordomos
1741 Jacobo López
1742 Juan Cebrero y Pardo de la feligresía de Vilavella
1743 Juan del Pico
1744 Bonifacio do Barro
1745 Fernando Justo
1746 Fernando Justo
1747 Dominga López, muger de Fernando Justo
1748 Jacobo Dopico
1749 Juan Pardo y Chao
1750 Fran(co) Piñon Restrebada
1751 Fernando Formoso
1752 Fernando do Pico M(te)negro
1753 Fernando do Pico M(te)negro
1754 Agustín da Bouza
1755 María Fdez, muger de Agustín da Bouza
1756 Antonio do Souto
1757 Andres de Piñon
1758 Juan Pardo
1759 Vicente Gonzales Goios
1760 Pedro Franco de Chao (muger Cayetana Rdguez)
1761 Juan Lopez de la Puerta de la Villa
1762 Pedro Franco de Pico y Ulloa
1763 Agustín Gonzalez
1764 Domingo Lopez
1765 Joseph da Fraga
1766 Joseph da Fraga
1767 Joseph Gonzalez
1768 Juan Fernandez
1769 Joseph da Fraga
1770 Juan Fdez Cabarcos
1771 Manuel do Barro
1772 Manuel Antonio de Soto Messia y Alfeirán
1773 Jacinta Preto y Pardo
1775 Andrés do Chao
1776 Antonio Ledo
1777 Domingo de Souto
1778 Juan Ramos
1779 Manuel da Bouza
1780 Manuel da Bouza, muger Pascua Fdez
1781 Domingo Mesia
1782 Manuel da Bouza
1783 Manuel da Bouza
1784 Juan dos Campos
1785 Fco Rouco
1786 Fco Rouco
1787 Antonio Ramos
1788 Manuel Ramos
1789 Pedro Ferreiro
1790 Vicente da Bouza
1791 Fran(co) Lopez Fraga y Cal
1792 Fran(co) Lopez Fraga y Cal
1793 Miguel do Barro
1794 Juan de Soto Mesia y Alfeiran, Presbitero
1795 Juan Ferreiro
1796 Andres de Carballal
1797 Juan Formoso
1798 Gorge Lopez
1799 Juan Lopez
1800 Antonio Prieto
1801 Gaspar Fdez
1802 Man(l) de Soto
1803 Juan Gonzalez
1804 Ramón Montero
1805 Bonifacio Freire
1806 Gregorio Cebreiro
1807 Jacobo Ramil
1808 Antº Seco
1809 Antº Seco
1810 Patricio Ledo
1811 Antº Ramos
1812 Juan Cavaleiro
1813 Andres do Chao
1814 Fco Loureiro
1815 Antonio Cebreyro da Cuyña
1816 Antonio Cebreyro da Cuyña
1817 Antonio Cebreyro da Cuyña
1818 Fernando Yáñez
1819 Manuel Formoso do Bañal
1820 José Cibreiro
1821 Antonio do Chao
1822 Manuel Paz
1823 Fco Lopez
1824 Fernando da Bouza da Dá
1825 Fco Fernandez de Badon
1826 Pedro Lopez do Lugar da Forxa
1827 Jacinto Franco del Lugar da Dá
1828 Bernardo Blanco del Lugar dos Chaos
1829 Bernardo Blanco
1830 José Restrevada
1831 José Restrevada
1832 Manuel do Barro
1833 Juan do Castro
1834 Antº Uceira
1835 Pedro Carballeira
(anos en baleiro)
1846 Manuel Cebreiro
1847 José Lopez
1848 Vicente Vivero de la Carvallª
1849 Bartolomé Nobo
1850 Rosendo Seco
1851 Antº Cavaleiro
1852 Fco Manuel Alende
1853 Vicente Lopez
1854 Antonio de Soto
1855 Vicente Blanco
1856 Manuel Prieto de Calvela
1857 Fco Riveyra
1858 Luis Riveyra
1859 Vicente da Bouza
1860 José Rodriguez
1861 Fco Nicolás López
1862 Antº Arias
1863 Antº Ledo
1864 Vicente Seco
1865 Pedro Paz
1866 Manuel Prieto
1867 Pedro Cabaleiro
1868 Andres Baamonde
1869 Fco da Bouza
1870 Luis Riveira
1871 Marcos Lopez
1872 Fco Riveira
1873 Vicente Bouza
1874 Antonio Arias
1875 Manuel Vilaboy
1876 Vicente Bouza
1877 Vicente Bouza
1878 Antº Fdez
1879 Antº Fdez
1880 Fco Bouza
1881 Ramon Riveira
1882 Ramon Riveira
1890 Agustín Pena
A continuación preséntovos o artigo de don Enrique “Nuestra Señora del Carmen”, publicado en A nova Unión, nº 11, Agosto 1995, 1ª quincena, 16 p.
Santuarios de As Pontes
Nuestra Señora del Carmen
El Santuario del Carmen de As Pontes, secularmente famoso por la firme devoción a la Santísima Virgen que, desde antiguo, en él vinieron demostrando los moradores de As Pontes, su comarca y muchos del exterior, hállase situado en la villa de as Pontes de García Rodríguez (Coruña) y en su sector Norte, entre las avenidas de Ortigueira y Ferrol, antes llamado Barrio de la Magdalena, ya que la titular de la primitiva ermita fue Santa María Magdalena hasta la erección de la Cofradía del Carmen, en el siglo XVIII, en que ha sido dedicada a la Virgen del Carmen.
Así pues, la actual capilla fue construída en 1738 y fundada la Cofradía en 1741. La primitiva Ermita allí situada, junto a la antigua Casa Rectoral, era de pequeño tamaño y muy pobre. En este concepto de la misma coinciden la solicitud de su derribo y traslado, en 1738, “por hallarse arruinada e indecente”, y también el ser por entonces vulgarmente llamada “Capilla das arañas”.
Origen de la devoción
El Monte Carmelo es célebre por una visión que tuvo el profeta Elías, y que es considerada por todos los escritores sagrados como una profecía que se refiere evidentemente a la Santisima Virgen. El profeta advirtió un día, en los aires, una nubecilla tan ligera que se parecía a una huella fugitiva, pero que, dilatándose poco a poco, cubrió la tierra con su sombra, y derramó en ella una lluvia, abundante y fecunda; imagen admirable del destino, de la misión de María, que tan humilde, adquirió tan maravillosas proporciones que llegó a ser la protectora del mundo, Reina de los cielos y de la tierra.
Era natural que la devoción a la Santísima Virgen echase hondas raíces en los lugares mismos de que peracía haber tomado posesión mucho antes de su nacimiento. Y, en efecto, una Orden religiosa, cuyo origen atribuían algunas tradiciones al Colegio mismo de los Profetas de la Antigua Ley, estableciose en aquel sagrado monte, tomando por Patrona y Protectora a la Santísima Virgen bajo el título de Nuestra Señora del Monte Carmelo.
El origen del Escapulario se sitúa en una aparición de la Virgen a Simón Stok, Superior General de la Orden de los Carmelitas, quien se lo entregó como señal de predestinación y escritura de alianza y paz eterna. El Escapulario, una vestidura de honor que sirve de señal de consagración al servicio de María y es, para el que la lleva, muestra de amor hacia la Virgen. Apenas se publicó en el mundo esta devoción, nobles y pueblos enteros tomaron el escapulario de la Virgen y se alistaron en la Cofradía dedicada a su servicio. Y de este modo ha llegado también al pueblo de As Pontes este ejercicio de piedad para con la Virgen del Carmen.
Origen de la Cofradía
El primer documento que hay a este respecto es el contenido en el folio IV del primer libro de la Cofradía y consistente en la confesión General de la Orden Carmelita a una solicitud de los Párrocos de As Pontes y de Vilavella en que pidieran licencia para fundar la Cofradía, con fecha de 8 de octubre de 1736. El Obispo de Mondoñedo dio permiso para que se fundara, el 27 de octubre de 1737.
Construcción de la Capilla
En Julio de 1738 el Párroco de As Pontes cursó solicitud al Obispo para trasladar la primitiva Capilla de Santa María Magdalena (que se hallaba ceñida a la vieja Casa Rectoral), al lugar donde hoy está ubicada. La autorización del Obispo llegó el 3 de agosto de 1738.
Por otra parte, las Constituciones de la Cofradía fueron ordenadas en 1741 y firmadas por los diez primeros asentados en esta Hermandad son 30 fundadores, 12 cofrades y 161 hermanos. En la primera de las constituciones se ordena que “se admitan en ella todas las personas que tuvieren devoción; de uno y otro estado, eclesiástico y laical; y de uno y otro sexo”, y además que “los que asentaren como Hermanos del Escapulario contribuyan con la cantidad que fuere de su devoción, no menos de ocho reales”.
La Capilla y Cofradía del Carmen de As Pontes siguió la trayectoria y decurso normal de las entidades de esta clase, fue acrecentando el número de afiliados y consiguientemente el culto y devoción, poseyó en los pasados siglos, ganados, colmenas, etc. que los devotos llevaban en alquiler, y el Santuario disfrutó de mejoras.
Obras y adquisiciones del Santuario
El crucero de granito, que preside y adorna el aceso al Santuario, fue instalado allí en el año de 1828. Posee indiscutible mérito: Capitel del orden corintio, ornamentado con cabezas de ángel. La cruz ostenta en el reverso (hacia la capilla) una escultura o imagen de J.C. crucificado, y en el anverso una imagen de la Virgen con el Niño en el brazo, en vez de una Dolorosa o Piedad, usadas comunmente. Son muy pocos los crucerso existentes con esta modalidad de la Virgen con el Niño, de la cual opina Álvaro Cunqueiro que expresa una alegoría a la fecundidad de la mujer gallega.
La actual imagen de Nuestra Señora del Carmen, fue donada en 1872, así se deduce de la partida “data” de dicho año, la cual consigna “a D. Manuel Baño, escultor, por hacer el escaparate a la Vigen nueva del Carmen, pintar la vieja. Santa María Magdalena, San Ramón, una imagen pequeña de los Dolores y el frontal del altar…364 reales”. Las partidas de este siglo son muy esquemáticas en su redacción, no indica quien donó la imagen.
A mediados del siglo XIX la fiesta patronal del pueblo y parroquia, que se celebraba el 15 de agosto, en honor a la Asunción fue decayendo mientras que la fiesta del Carmen aumentaba su auge, de suerte que dejó de ser festejada la Patrona titular, constituyéndose, en la práctica, Patrona popular la Virgen del Carmen hasta nuestros días.
Algunos objetos con que fue dotándose al Santuario a finales del siglo XIX: La corona antigua fue comprada por 302 reales en 1889, el vestido por 160 reales en 1890, las sacras para el altar fueron adquiridas en 1894 por 42 reales y la construcción de un altar de piedra en el portal de la Capilla en 1871 por 70 reales.
Además, en 1880 fue ampliado el edificio de la Ermita, en 1881 se construyeron el coro, el faiado, la sacristía y el lucido en general, las lámparas fueron adquiridas en 1983, el vestido y el manto que usa en la actualidad la imagen fueron costeados en 1952 por los devotos, a iniciativa de los Hermanos Bellas Baamonde. Finalmente, en 1958, le fue impuesta la nueva corona a la Virgen del Carmen, cuyo importe se recaudó entre los devotos.
Enrique Rivera Rouco – Cronista Oficial de As Pontes

O anterior artigo era un resume do seguinte traballo de don Enrique sobre “El Santuario de Nuestra Señora del Carmen de As Pontes de García Rodríguez. Su origen, historia y devoción”, publicado en Pontedeume no 1987.
DOCUMENTOS DO LIBRO DO SANTUARIO
Libro-1.jpg
Podedes ver os documentos orixinais premendo neste enlace

Seguirei en vindeiros artigos con este tema do Carme, ó tempo que vos quero desexar a todos que teñades unhas BOAS FESTAS!!!
Xabier Martínez, nos derradeiros momentos do Círculo Litico.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios