O crítico Carlos Pumares di no seu blog que deberían se-los locais hostaleiros os que lle cobrasen á SGAE

73

Lendo codigocero.com:
“Aquí vai unha confesión: temos debilidade polo crítico de cine Carlos Pumares, que vén de poñer en marcha un blog e que _polo que se pode ver_ áchase ben cómodo neste formato de caderno persoal, bloc de notas e patio de luces onde berra o que lle peta. No seu proxecto blogosférico vemos a Pumares coma un boxeador de volta ó ring, sen botar aturuxos no medio do silencio da noite (como adoita a facer na radio) pero meténdollo o dedo no ollo á industria do cine, ós fabricantes de DVD e, tamén, á mesmísima SGAE, a sociedade xestora española, que está no punto de mira dos seus últimos ataques.”…


…”Ó seu xuízo, é ben cuestionable o sistema de cobro da entidade, que _como todos sabemos_ defende o cobro dun canon por cada cd ou dvd virxe (un imposto por copia presumible) malia que ó final empreguemos eses soportes para ‘decorar unha parede’.”…
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios