Bristol aforrará 1 millón de Libras con StarOffice

58

Lendo agnix.org:
“O concello de Bristol calculou que aforrará ata un 60%, máis dun 1 millón de libras (US$1.7m), nos próximos cinco anos ao cambiar a StarOffice de Sun no canto de Microsoft Office.
O concello estimou que o custo da versión comercial de StarOffice, á súa vez versión de OpenOffice en cinco anos custaría 670.000 libras (US$1.2m), mentres Microsoft Office custaría 1.7m £ (US$3m), de acordo co government-funded Open Source Academy. “…


…”As cifras teñen en conta o custo da migración, titorización e soporte de 5.500 usuarios por cada produto.
O municipio de Bristol, o cal funciona cunha contorna mixto de Lotus 1-2-3, WordPerfect e Microsoft Office, cre que podería ter sobrestimado o custo da migración a StarOffice, así como a barreira de aprendizaxe parece ser máis baixa do que orixinalmente pensábase.
Era difícil acertar nos custos relativos á implantación e soporte, así que se preferiu ser pesimista nas previsións, asumindo que StarOffice involvería máis custo e que os existentes usuarios Microsoft Office non requirirían ningunha titoría. Dixo Gavin Beckett, Director de Estratexia Informática no municipio de Bristol.
Ata agora, a experiencia da migración probou que o custo é máis baixo e a facilidade de uso máis alta. Agora temos a evidencia concreta de que se necesita menos esforzo para desenvolver o software, apoio e ensino dos usuarios do que se estimou. “…
Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios