Código Cero cumpre 5 anos

58

Lendo codigocero.com:
“O interese por achegar novas tecnolóxicas en galego levounos un Día do Apóstolo de 2001 a crear unha web a xeito de bitácora na que se informaba do que acontecía no mundo, e especialmente en Galicia, en campos como a informática, as telecomunicacións ou o panorama multimedia. A iniciativa veuse con bos ollos e xa no Nadal de 2001 se consolidou paralelamente como unha revista en papel que continúa ata día de hoxe.”…


…”Así pois, dende aquí queremos agradecer a tódolos que visitan a nosa páxina web e len o noso boletín por correo electrónico a súa fidelidade, xa que sen contar cuns seguidores sería imposible continuar a ofrecer este servizo informativo que recibe máis de 200.000 visitas ó mes.
Tamén queremos lembrar a tódolos nosos colaboradores, así como á xente coa que tivemos o privilexio de contactar nestes 5 anos por tratarnos dun xeito exemplar, animándonos sempre a loitar por facernos cun lugar na comunicación galega.
Agardamos poder seguir moito tempo máis dando boa conta do que acontece no panorama tecnolóxico dende a nosa terra e na nosa fala. Grazas a todos.”…
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios