Obxectivo. Medios de comunicación

54

Os amigus da CiberIrmandade da lingua comezan con outro obxectivo ás voltas que apoiamos dende xa.
Nestas semanas (xullo-2006), saiu á luz a intención do Grupo Voz de renegociar o acordo vixente polo que este grupo imprime o Diario do Parlamento Galego.
Sendo a defensa e potenciación da nosa lingua un compromiso adquirido polo Parlamento e os grupos que o compoñen a través do plan de normalización linguística, e como política transversal debe estar presente en todas e cada unha das distintas normas e medidas da vida política galega, non podemos senon rexeitar calqueira acordo desta importancia económica que non leve consigo a implicación na defensa, promoción e normalización efectiva da lingua galega.


O Grupo Voz ten demostrado ao longo da sua historia o menosprezo cara á lingua propia de Galiza, polo que dende a CiberIrmandade convidamos á cidadanía comprometida có noso idioma a expresar o seu rexeitamento á renovación do acordo Parlamento/Grupo Voz mentres non se demostre pola súa parte unha actitude real de respeito e uso da lingua galega, mediante o envio de correos electrónicos á presidenta do Parlamento, aos grupos parlamentares, ao Grupo Voz e á totalidade dos medios de comunicación por se teñen a ben telo presente nos seus usos lingüisticos.
Envia a tua queixa dende eiquí e agora.
ciberirmandade.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios