Debian 4.0 chegará en decembro

20

Lendo agnix.org:
“O proxecto Debian confirmou que a próxima versión da súa distribución GNU/Linux que levará por número de orde o 4.0, liberarase en decembro, e xa se deron a coñecer tamén algúns detalles do novo que aportará.
Nunha nota fechada en 24 de Xullo e que se deu a coñecer ao gran público a través da lista de noticias de Debian, esta entidade confirma que a versión 4.0 da distribución máis libre de todas -cuxo “nomee de guerra” é Etch- será publicada durante este próximo Decembro, sen especificar o día concreto. “…


…”Ao mesmo tempo, han transcendido algúns detalles técnicos desta próxima versión:
– O núcleo instalado por defecto será o 2.6.17, que será utilizado no instalador e en todas as arquitecturas. No entanto, en outubro incluirase outra versión máis recente, que será optativa durante a instalación.
– Será a primeira Debian en incluír oficialmente soporte para a arquitectura AMD64 xunto a 10 arquitecturas máis. O lanzamento producirase de forma simultánea para todas elas.
– Se substituye o servidor gráfico XFree86 polo de X.org, un paso que realizaron as principais distribucións desde o cambio de licenza sufrido por XFree86 en 2004, que levou aos analistas a diagnosticar incompatibilidades entre a nova licenza do servidor gráfico e a GPL.
– GCC 4.1
– Melloras de seguridade no xestor de paquetes APT, que inclúen soporte para criptografía forte e firmas digitales para validar os paquetes descargados que van ser instalados.
Festas de eliminación de fallos
Antes da liberación definitiva de Debian 4.0, celebraranse en diversas cidades de Europa unha serie de festas nas cales os asistentes poderán ter a oportunidade de buscar os fallos existentes na distro. O motivo é tanto atopar os fallos de seguridade e outros bugs antes do seu lanzamento, como promocionar esta distribución e dar a coñecer GNU/Linux dunha forma festiva.
Todas aquelas persoas interesadas en asistir a algunha das festas de eliminación de fallos poderán facelo nas seguintes datas e cidades:
– Do 11 ao 13 de Agosto en Gütersloh (Alemania)
– Do 8 ao 10 de Setembro en Viena (Austria)
– Do 6 ao 8 de Outubro en Dijon (Francia)
Para máis información, así como para todas aquelas persoas que non poidan asistir pero estean interesadas en participar dalgunha forma, poden acudir á rede de chat, ao servidor irc.debian.org e á canle #debian-bugs . “…
Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios