O fume dos incencios forestais galegos pódese ver vía satélite

31

Lendo codigocero.com:
“As desfeitas urbanísticas das Illas Canarias pódense agochar de programa coma Google Earth (subministrando imaxes aéreas antigas) pero a vergoña galega que afecta ós nosos montes tódolos veráns non se pode ocultar dos satélites que vixían a superficie do planeta para axudar nas predicións meteorolóxicas.”…


…”Así, a terrible primeira fin de semana de agosto, que durante o domingo se saldaba con 55 incendios en vilas coma Cercedo, Vilaboa, Louro, Melide, Ribeira, Muros ou Ames incluso tiña efectos perceptibles dende o espazo, xa que os satélites foron capaces de tomar imaxes nas que se aprecia o fume que desprende o lume forestal como se pode ver na web do Naval European Meteorology and Oceanography Center (NEMOC). Unhas imaxes arrepiantes que dan a entender a gravidade da situación que transcende por moito os distintos ámbitos locais afectando a toda Galicia.”…
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios