Puntogal presentará a campaña polo dominio galego na rede no Festigal

24

Lendo puntogal.org:
” A asociación promotora da iniciativa polo dominio galego na rede, Puntogal, presentará o luns 24 de xullo a campaña dentro da programación do Festigal, que se desenvolverá no Campus Sur, en Santiago de Compostela.
Manolo González, presidente de PuntoGal, e Camilo Regueiro, vicepresidente, serán os encargados de explicar os obxectivos desta campaña o vindeiro luns ás 13:00 horas.
A presentación enmárcase dentro da “Galería das Ideas”, unha das seccións deste festival organizado pola Fundación Galiza Sempre e por Galiza Nova, e que contempla tanto concertos como outro tipo de actividades culturais, relacionadas con literatura, audiovisual ou intelectuais.”…

puntogal.gif


…”Despois da presentación do PuntoGal, desenvolverase unha conferencia sobre as tendencias en Latinoamérica ás 17:00 horas, seguido dunha reflexión sobre a reforma do estatuto galego ás 19:00 horas. A música chegará pola noite da man de grupos como Ruxe Ruxe o luns e Kepa Junkera o martes, entre outros. Tamén se poderán visitar as exposicións “O camiño do autogoberno”, “Anxel Casal, a luz impresa” e “25 de xullo en 25 imaxes”.
PuntoGal conta coa adhesión de preto de corenta entidades, e foi promovida por unha ducia de entidades: a Asociación de Editores de Galicia, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, a Asociación Fillos de Galicia (fillos.org), o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, o Consello da Xuventude de Galicia, as Empresas Galegas Adicadas a Internet (Eganet), Galicia Hoxe, Idesga-Galego 21, ISOC-Galicia, a Mesa pola Normalización Lingüística, a Real Academia Galega (RAG) e Vieiros.
A iniciativa a prol do dominio galego en internet xa foi presentada en xuño na Real Academia Galega (RAG), na que González e Regueiro explicaron que a asociación xa presentou un plan de traballo no que se elaborarán informes que xustifiquen a súa necesidade, a viabilidade económica e a capacidade tecnolóxica da entidade para xestionar o .gal. ”
Fonte: puntogal.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios