Anuncio dun teléfono móbil aberto baseado en Linux

30

Lendo mancomun.org:
“Trolltech, compañía desenvolvedora de ferramentas e aplicacións Linux para teléfonos e outros dispositivos móbiles presentará un móbil aberto baseado en Linux en setembro, co nome de “Greenphone”.
O Greenphone é un móbil GSM/GPRS que permite aos usuarios modificar o firmware do teléfono, baseado en Linux, a través dun porto mini-USB. O teléfono non estará dispoñible para mercalo só, senón como parte dun kit de desenvolvemento. O kit ofrecerase baixo licenzas open source a desenvolvedores, institucións educativas, vendedores de software e a deseñadores e creadores de teléfonos. “…


…”Trolltech di que agarda que o Greenphone axude a medrar o ecosistema de aplicacións de terceiros ao redor da súa pila de aplicacións Linux Qtopia Phone Edition (QPE). Este ecosistema é “crítico para a satisfacción da crecente demanda dos clientes e para acurtar o ciclo de desenvolvemento e entrega,” segundo din eles.
A compañía dí que espera sorprenderse polo que os usuarios poidan chegar a desenvolver. Engaden que “O espírito de innovación foi clave no éxito do PC e Internet. Cremos que ten que aparecer a mesma dinámica no mercado móbil.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios