Primeiras datas para a liberación de Java por Sun

18

Lendo mancomun.org:
“Hai xa algúns meses que Sun anunciou que ía liberar Java, pero sen precisar a data nen a forma de liberación. Laurie Tolson, vicepresidente e desenvolvedor de produtos e programas vén de anunciar que antes do remate do ano 2006, sun liberará o compilador JavaC e a máquina virtual Hotspot, dous elementos clave para executar programas escritos na linguaxe Java.”…


…”Estes compoñentes son parte do Java Standard Edition (SE), que funciona tanto en servidores coma en pcs de escritorio. Ademais, Sun liberará a Micro Edition (ME) completa, que é a version para dispositivos como teléfonos móbiles, antes de finais de ano, segnudo dixo Tolson nuha reunión con reporteiros en San Francisco na LinuxWorld Conference and Expo.
O paquete completo Java SE liberarase na primeira metade do 2007. Aínda que haberá módulos que seguirán a ser propietarios posto que Sun non posúe os dereitos sobre eles, como o software de renderizado de fontes…
O que non está aínda decidido é qué tipo de licenza levará o software Java open -source.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios