Case 600.000 galegos viven hoxe en día baixo o limiar da pobreza

76

Lendo galicia-hoxe.com:
“A media da comunidade sitúase no 21,2 por cento do total da poboación fronte o 19,9% estatal, segundo os datos de UXT. Máis de 1.500 cidadáns están sen teito e a maioría non percibe a axuda social de emerxencia.
En Galicia viven por debaixo do limiar da pobreza un total de 583.208 persoas, o que representa o 21,2 do total da poboación, e máis de 1.500 galegos sen teito, segundo alertou onte UXT a partir dos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) en decembro de 2005. No conxunto do Estado, a porcentaxe de poboación nesta situación diminúe ata o 19,9%.”…


…”O sindicato UXT indicou nun comunicado que as actuais prestacións para estas persoas, a Renda de Integración Social de Galicia (Risga) e a Axuda de Emerxencia Social (AES), eran percibidas a abril do 2006 por un total de 4.532 persoas, o que supón un 0,77% da poboación que se encontra en situación de necesidade.
Así mesmo UXT criticou que a dotación media das prestacións na actualidade é “só” de 328,11 euros, e que o seu incremento no período 2004-2006 foi do 5,45%, “por debaixo do incremento do IPC, que nese momento foi do 6,90%”.
Estes datos mostran, para o sindicato, que ademais de “tratarse dunha contía moi baixa” esta “medra por debaixo do incremento dos prezos” o que provoca que “o poder de compra deste colectivo quede moi diminuído”.
UXT resaltou, así mesmo, que estas prestacións están “feminizadas”, pois o 66,31% dos perceptores da Risga son mulleres, porcentaxe que se eleva ata o 71% no caso da AES. Para o sindicato “urxe” un cambio de modelo “de loita contra a pobreza e a exclusión social”. Neste sentido, levará ó Dialogo Social a proposta de implantar un “salario social” como “dereito subxectivo” cunha contía mínima equivalente ó Salario Mínimo Interprofesional (SMI) e non suxeito a dotación orzamentaria. “…
Fonte: galicia-hoxe.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios