Kerala (India), 100% GNU/Linux

84

Lendo mancomun.org:
“Kerala, o estado máis culto da India, acaba de poñer en marcha un plan de migración para implantar o Software Libre nos seus centros de secundaria en tres anos. “A visita do gurú do Software Libre Richard Stallman a semana pasada fíxonos decatarnos da necesidade de desfacernos do software propietario”, explicou o responsable de Educación dese estado, MA Baby, quen engadiu: ‘Stallman inspira a transición de Kerala cara ao Software Libre na liña do excitante modelo seguido nunha provincia española, que fixo o mesmo’.”…


…”Esta medida afectará aos nenos dos 12.500 institutos do estado de Kerala.
O goberno indio tomou a decisión, no ano 2004, de impulsar a implantación de sistemas informáticos gratuitos, aínda que deixou aos mestres a opción de escoller se querían ensinar co sistema operativo de Microsoft ou co de GNU/Linux.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios