A policía norueguesa atopa ‘O berro’ e ‘Madonna’, as obras de Edvard Munch roubadas fai dous anos

44

Lendo elmundo.es:
“A policía norueguesa atopou ‘O berro’ e ‘Madonna’, as dúas obras mestras do pintor Edvard Munch que foron roubadas do Museo Munch, en Oslo, fai dous anos por homes armados.
“O distrito de policía de Oslo pode confirmar que os cadros ‘O berro’, e ‘A Madonna’ están na nosa custodia”, anunciou o inspector responsable da investigación do roubo, Iver Stensrud, nunha conferencia de prensa.”…


…”Segundo explicou a policía, as obras, dun valor incalculable, atópanse en millor estado do esperado, e foron recuperadas nunha operación policial con axentes armados nos arredores de Oslo, aínda que de momento non se practicou ningunha detención. A policía asegura que non pagaron rescate nin a ningún informante.
Os axentes cren que os cadros estiveron en Noruega todo o tempo dende o seu roubo fai exactamente dous anos e nove días. ‘É un día feliz para nosoutros, o museo e o público, que pronto poderá volver a ver as pinturas’, declarou Stensrud, quen agregou que foi un triunfo policial.”…
Fonte: elmundo.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios