O ‘ROTEIRO RENOVABLES 2006’ CHEGARÁ O LUNS ÁS PONTES

40

O vindeiro luns, día 11 de Setembro, chegará á nosa vila o chamado Roteiro Renovables 2006. Así é coma o grupo ecoloxista Greenpeace denomina a este evento, consistente nunha “marcha sen CO2” polo norte de España.

Ponte en ruta. Marcha renovables 2006. Greenpeace.

Diversos colectivos locáis como a Asociación Cultural Choiva Ázeda, o Grupo Ecoloxista Niño do Azor ou os Guerrilleiros das Fragas, xa expresaron o seu apoio a esta movilización.


¿En que consiste o Roteiro Renovables 2006?
Trátase dunha iniciativa posta en funcionamento por Greenpeace-España, pola cal se pretende percorrer varias localidades da parte septentrional da península que conten con central térmica en funcionamento, tal como é o caso da central de Endesa no noso pobo, empregando pra cubrir ese traxecto medios de locomoción non contaminantes (vela, bicicleta, piragua, cabalo…).
A primeira etapa deste tour enerxético principia na cidade da Coruña o día 11 deste mes, navegando en vela durante a mañá pra chegar ó mediodía ó porto de Ferrol; xa pola tarde, farase o traxecto Ferrol – As Pontes en bicicleta. En torno ás 20.00h (hora aproximada de chegada ó noso pobo) haberá unha concentración pacífica diante da central térmica de Endesa.
Xa ó día seguinte, partirase hacia Sarria tamén en bicicleta. Será a segunda etapa dun total de 12 das que consta esta marcha ecolóxica, a cal acadará o seu final na localidade de Pasaia (Guipúzcoa) o día 22.
¿Que se demanda có Roteiro Renovables 2006?
España é o país europeo máis afectado polo cambio climático debido á queima de combustibles fósiles, coma o carbón, o petróleo e o gas, e ademáis é o país que está máis lonxe de acadar os seus obxectivos no Protocolo de Kioto. O que se demanda có Roteiro Renovables 2006 é:
– Unha aposta política decidida a favor das enerxías renovables, con obxectivos máis ambiciosos e maiores recursos económicos, e en detrimento das “enerxías sucias”.
– Un aumento dos recursos destinados ás enerxías renovables e á eficiencia enerxética, por parte das compañías eléctricas.
– Retirada das subvencións ás compañías eléctricas na emisión de CO2.
¿Como podo participar no Roteiro Renovables 2006?
Todos e todas estamos convidados a sumarnos ó Roteiro Renovables 2006, na medida na que poidamos ou desexemos. Pódese percorrer parte ou a totalidade dos tramos, facer os fináis de etapa, recibir ós participantes ou sumarse ás concentracións.
Algúns dos colectivos que colabouran/apoian o evento: Asociación Cultural Choiva Ázeda, Grupo Ecoloxista Niño do Azor, Guerrilleiros das Fragas, ADEGA, Sociedade Galega de Historia Natural, Verdegaia, Lapis Verde, Os Picos do Sol, Federación Ecoloxista Galega,…
Greenpeace.
Especiais grazas a anónimo.
Pra unha información máis ampla, podedes picar neste enlace.
Ou poñervos en contacto con Carmen a través do número 638101740.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios