O HOSPITAL DE SAN XOÁN DE XERUSALÉN; UN HOSPITAL PARA ‘POBRES, PEREGRINOS E VIANDANTES’

357

No ano 2004 escribín na revista das festas un artigo que reunía os datos máis salientables que fun atopando sobre o “Hospital de San Xoán”. Dous anos despois quero presentalo de novo, agregándolle novos datos que sobre el fun recollendo, coma por exemplo, un listado con algunhas das xentes que nel faleceron no século XVIII. Quixen aproveitar as vantaxes do formato informático para mostrarvos varios documentos inéditos dos que falei naquel artigo, así coma outros novos que fun recopilando.

foto-hospital.jpg
FOTO DO HOSPITAL ANTES DE SER DEMOLIDO

A Vila de As Pontes tivo un hospital intramurallas, da Orde dos Cabaleiros de San Xoán de Xerusalén que se atopaba nunha casa que se conserva todavía hoxe na rúa San Xoán. Esta casa consérvase ainda agora, e garda unha fiestra lateral (de difícil visión dende a rúa porque está oculta tras dunha porta-cancela de metal moderna), sobre a que está o sinal da Orde de San Xoán. Ese foi o antigo hospital. Non sabemos en qué momento se decidiron pola súa ubicación fora da vila, na actual praza do hospital. Probablemente motivado polas precaucións ante as enfermidades contaxiosas, coma aconteceu en moitas outras vilas onde as malaterías se ubicaban fora das murallas (caso do hospital de San Lázaro en Viveiro). Os monxes hospitalarios contaban cunha “sé” importante en Portomarín, e foron os responsables do santuario de San Andrés de Teixido. Unindo as pezas do crebacabezas, e dende o sentido común de moitos datos que fun lendo e coñecendo do arquivo parroquial, chego á conclusión de que As Pontes non só estaba nun dos roteiros a Santiago senón a San Andrés de Teixido, e que o San Andrés de Vilavella non é un santo ubicado por casualidade nin a expensas da orde dos Hospitalarios de San Xoán.


Fai tempo que aprendín a busca-lo pasado das vilas nos santos significativos das mesmas. Poño un caso claro por exemplo: San Pedro de Aldixe, en Abadín (unha das parroquias nas que agora traballo) ten no retablo a San Lázaro e a San Roque, ambos santos emparentados coa peste. Así foi, bosquexando polos arquivos atopei que esta vila foi a que maiormente padeceu a peste na zona de Abadín no século XVI e XVII.
A Orde dos Hospitalarios, denominouse así porque procedían do hospital de San Xoán de Xerusalén (1) , tiña unha finalidade piadosa e benéfica, desenvolvendo nas Cruzadas actividades bélicas onde adquiriu grande fama.
No 637 os musulmáns, ó mando do califa Omar, extendéronse por Palestina. Os árabes permitiron a entrada de peregrinos a Xerusalén, permitindo incluso que no 870 houbese alí un hospital. Foi a Orde de San Bieito a que no 1048 engadirá un hospital á Capela de Santa María a Latina, sendo administrada por un francés (Xerardo de Tom). Tra-la conquista de Xerusalén por parte de Raimundo de Tolosa e Godofredo de Bouillón, moitos cruzados decidiron quedarse no hospital axudando a enfermos e pelegrinos, polo que Xerado de Tom viu necesaria a creación da Orde de San Xoán de Xerusalén. Adoptouse a regra de San Agustín, levaban un hábito negro cunha cruz blanca de oito puntas.
Raimundo Dupuy relevou a Xerardo de Tom ó seu falecemento e iniciou esta órde nas accións bélicas pola causa da cristiandade, convertendose nunha Orde Militar.
Pronto o sultán Saladino conquistará a cidade, permitindo que a Orde de San Xoán de Xerusalén permanecera durante un ano para que curara ós feridos. A súa última retirada de Terra Santa cara a Chipre foi obrigada polo sultán Melec no 1291. Situáronse en Rodas, o que lles otorgou o nome de “cabaleiros de Rodas”.
Ó ser disoltos os templarios no 1312, as súas propiedades pasaron á Orde de San Xoán de Xerusalén, chegaron así a ter excesivos recursos e a facerse unha Orde forte e poderosa. Loitarán incansablemente ata na propia batalla de Lepanto. Bonaparte expulsounos de Malta. No 1845 a Orde desapareceu.
No Arquivo diocesano de Mondoñedo existe un apartado de 10 legaxos adicado á “obras pías e hospitais. Séculos XVII-XIX”. Nembargantes, no volume número I da revista Estudios Mindonienses que se conserva no Arquivo Municipal de As Pontes, don Enrique Rivera Rouco deixou unha anotación coa súa inconfundible letra na que di sobre o hospital de As Pontes que “no inventariado por ser de fundación popular”. Sin embargo, cabe destacar, que logo dun pequeno rastrexo por outros documentos do arquivo mindoniense, sí atopamos referencias ó hospital nas visitas pastorais do bispo a As Pontes a principios do século XVIII, como logo veremos.
O “Cura dos Chaos” deixounos dito sobre o Hospital que:
“Foi tamén expropiada a finca denominada “Obra Pía”, que tiña o seu asentamento na paraxe de “Tras da Ponte”, entre a Ponte Romana e a nave de Severiano, e fora adquirida polos monxes da Orde dos Hospitalarios, sucesores da Orde de “Malta” no século XII. Con esta propiedade; é dicir, cos seus productos, era financiado o Hospital que fundaran en As Pontes, e na Praza que leva o seu nome “Do Hospital”, cuio edificio se atopaba nas fincas número 5 e 7 da mesma; da súa existencia informa o Censo do “Marqués da Ensenada”, redactado en As Pontes en 1755, no que o define coma “Hospital para pobres, peregrinos e viandantes”. Da data desta fundación non hai constancia. Sen dúbida procede da Idade Media.
A documentación de aforamento e redención da finca (que conservan os actuais propietarios) citaa co título de “Obra Pía”.
Ó ser privado o Hospital do seu medio de financiación deixou de actuar tendo que retirarse o Médico que o asistía e as persoas que prestaban servicio. Pasou a ser Escola Nacional ata o ano 1915 en que foi demolido por orde do Alcalde D. Alfonso Yllade. As persoas maiores da Parroquia lembran ese benemérito edificio, e incluso conservan fotografías do mesmo” (2) .
Don Enrique tamén recolleu da memoria das xentes as partes de que se compoñía este hospital e así dinos que:
“dos chabolas: una dedicada a establecimiento de consultorio médico, y la otra a escuela nacional (antes en el número 17 de la calle Real), lugar de las votaciones y escenario de las luchas de los partidos políticos” (3) .
Sobre a relación do hospital coa orde de Malta podemos encontrar unha hipotética razón en que un irmán de García Rodríguez de Valcarce foi D. Fernando Rodríguez de Balboa que era privado do rei Alfonso XI e que ostentaba o título de Gran Prior de Malta. Faleceu en 1331 e está sepultado na capela de Quiroga en Valladolid (4) .
En primeiro lugar temos que comprender o concepto de hospital naqueles tempos. Hospital, alberguería ou pousadería serían prácticamente sinónimos. Incluso non se atoparían moi lonxe dos denominados lazaretos ou malaterías, adicados ós enfermos contaxiosos e que soían situarse ás aforas das vilas. Estos locais non se diferenciaban demasiado polas súas dimensións ás casas comúns das vilas. Tratábase de edificios moi modestos, pobremente dotados de camas e mantas. Como institucións caritativas que eran, dependían da Igrexa, e dende logo no século XV a súa situación material era máis ben de penuria, aliviada por mandas testamentarias, doazóns pías e algunha que outra intervención institucional (5) .
Eran polo tanto edificios de construcción pobre e que ás veces se atopaban en situacións ruinosas ou precarias, o que se ve manifestado documentalmente. Así aconteceu co hospital de Cedeira que se atopaba “arruinado y para caer del todo” en 1699, co que o encargado do mesmo gastou cincuenta ducados en reparalo, previo acordo cos procuradores e veciños (6) . No caso de As Pontes o hospital foi visitado en 1730 polo recén chegado bispo Fr. Antonio Alejandro Sarmiento de Sotomayor (7) que ante a situación de abandono da capela do hospital ordena escribir ó mestrescola (Victorio López Maseda) que o acompaña:
“Manda su Ilma. Que al término de un mes acosta del caudal de el Hospital de esta Villa se blanquee el oratorio de el: cuio cumplimiento se encarga a los patronos y maiordomos pena de excomunión y mil maravedis de multa bajo la misma el Maiordomo avista alos pobres y Peregrinos con Ropas y lo más necesario” (8) .
É nesa visita pastoral cando se ordena a construcción do actual campanario da parroquia de As Pontes (9) (a don Salvador Lepina, tal e como teño recollido en artigos anteriores, que prácticamente reconstrue toda a Igrexa, dándolle caseque a súa actual fisonomía), e se traslada ó lugar actual a capela do Paraño (estaba en lugar non adecuado e mándase traer xunto ó camiño) (10) .
O Catastro do Marqués da Ensenada falaba dun “Hospital para pobres, peregrinos e viandantes”. O catastro da Ensenada é o nome vulgar que lle deu ó “Interrogatorio da Real Única Contribución”. Constaba dun total de 40 preguntas relativas á denominación, extensión e límites de cada poboación, ás calidades e cantidades das terras de xurisdicción, ós seus froitos e cultura, ó número de casas e persoas que conformaban as poboacións, artes, comercio, oficio, ocupacións… sendo hoxe un dos mellores medios de coñecemento das vilas na metade do século XVIII.
Certamente que moitos datos da nosa diócese chegaron ata este catastro e ata o catastro de Madoz a través do libro de visitas do Bispo Alfonso Mesía de Tovar, que visitou As Pontes no 1614, e que se atopa hoxe en día no Arquivo Nacional de Madrid. Esta documentación foi requisada no seu momento para a realización de estos censos cos que logo se abusou das propiedades parroquiais. Pero quero facer destacar hoxe, que non todo o que se atopa no actual facsímil de Madoz é acertado. Poño un exemplo, non atoparemos por ningures a Casa de Uceda responsable mencionada por Madoz, da parroquia do Deveso, senón que foron outros os verdadeiros arrendatarios e fundadores. Adicareille un número a esta cuestión que me levou bastante tempo resolver, pero que despois de traballar abondosa documentación sobre o Deveso, poderei explicarvos con facilidade noutra ocasión.
A pregunta número 30 para a confección do catastro da Ensenada, versaba sobre “se hai hospitais, de qué calidade son, qué renta teñen e de qué se manteñen” (11) . O tema dos peregrinos chámanos especialmente a atención, pero temos que ter moi claro que o camiño a Santiago non era un. O dato dos peregrinos vese reafirmado no seguinte escrito de 1716:
“que se sigue mucho per Juicio e Igual indecencia siendo parroquia de la Villa de mucho Vecindario, que es esta en camino santo y donde A mucho concurso de forasteros” (12) .
Claro que había peregrinos a Santiago de Compostela e a San Andrés de Teixido en As Pontes. A festa da Fraga, ainda cando ven de cumplir os cen anos, e coñecemos as causas do seu nacemento (25 de Xullo) e o Santiago de Bermui non son festas que carezan dun transfondo cultural baixo o que se atopen esos peregrinos. Asímesmo as dúas cunchas de peregrino (obra de Salvador Lepina, cara a 1750) dos botóns da crucería da Igrexa parroquial de As Pontes, son acordes a un pasado vinculado a esa ruta.
Trataríase dun traxecto trazado aproveitando a antiga rede de comunicacións do norte de Hispania, nela vían os camiñantes unha ruta práctica e segura. Unha das últimas vías construídas durante a romanización do noso territorio foi a que comunicaba Asturias trasmontana con Legio VII (León), Astúrica (Astorga) e Lucus Augusti (Lugo), e outra que discorría ó longo da costa cantábrica cara a Brigantium. Sería unha vía secundaria que enlazaba no seo da ría de Ferrol coa vía principal nº XX do itinerario de Caracalla per loca marítima que unía o Imperio coa costa, a cal á súa vez se fundía coa XIX que unía Braga con Astorga. Sobre esta vía viaxarían tamén en romaría a Compostela, os habitantes da comarca da Mariña Alta (Ortigueira, Cedeira, As Pontes, Moeche, Somozas…) que coñecían estes camiños por motivos económicos (o camiño dos arrieiros), ó ter que facer provisión ou carrexo de abastos para fornecerse, nos mercados e feiras que se celebraban (13) .
Ainda que o porto principal de desembarco de peregrinos foi, dende a baixa idade media, A Coruña, sabida é a fama que, como enseada e porto estratéxico, tiña para os ingleses o fondeadoiro de Ferrol. Esta peregrinación marítima xerou unha rede radial que unía Santiago cos principais portos de Galicia, con Viveiro, Ferrol, A Coruña, Laxe, Noia… e mesmo puido influir noutros camiños. En efecto, unha galerna, un temporal, ou calquera outro factor, podía obrigar a quen navegaba en dirección á Coruña a desembarcar en Santander ou Bilbao. En definitiva, a navegación aforráralles tempo de camiño (14) .
Que por As Pontes viñan peregrinos é constatable fácilmente nos libros de defuncións parroquiais, e para probalo poño o caso dun difunto incógnito que foi soterrado o 12 de Nadal de 1750 na Igrexa parroquial. Fálase con claridade dun pelegrino e dícese “cadáver de un hombre Perigrino q(e) seg(n) el traxe y otros atributos q traia yndicaba ser frances, y seg(n) suaspecto de quarenta años de edad, murio en bre(v) y derep(te)” (cf. Folio 45 libro II de defuncións de As Pontes, Arquivo Diocesano de Mondoñedo).
Un bo exemplo de estos peregrinos do camiño de Santiago témolo no hospital de peregrinos de Neda (15) , ou no de Pontedeume (16) . Ambos correron unha sorte parecida ó de As Pontes. Quero agregar nesta ocasión tamén o veciño hospital de Santa Cathalina de Vilalba, do que estou a preparar unha próxima publicación.
No caso do Hospital de Neda era a única institución de beneficencia de Neda e o seu distrito, pero no 1838 as súas escasas rentas aínda non chegaban para mate-lo edificio, logo chegaríalle a desamortización e no 1876 o Concello solicitou ó Estado o edificio para instalar nel as escolas de instrucción primaria de ambos sexos (17) . En Pontedeume o hospital nacera en 1381 atendendo a orde de Alfonso IX que en 1226 publicara un decreto con normas estrictas para asegura-la atención axeitada dos que viñan a visitar o Sepulcro de Santiago. Tería sido fundado polos de Andrade. En 1835 foi desamortizado, e demolido en 1841 (18) . Igualmente o hospital de As Pontes pasou a ser escola, tal e como aconteceu con moitos outros da nosa xeografía, e finalmente demolido en 1915.
A capela do hospital de As Pontes fora visitado polo Bispo D. Carlos Riomol y Quiroga o día 6 de Setembro de 1754 (libro de visitas episcopais do Arquivo Catedralicio de Mondoñedo), en que “mandose fayar el techo, hacerse dos imágenes para las urnas del retablo, y repararse de todo lo necesario, como en mesmo la casa”. Esta visita foi a responsable da realización de varias imaxes en varias capelas, entre elas a talla de San Salvador de Illade. Neste caso parece que se tería realizado o San Xoán da Capela do Hospital que se conserva na parroquia de As Pontes, e que responde perfectamente no seu estilo e estado de conservación a esa data.

SanXoan.jpg
IMAXE DE SAN XOÁN

Un documento déixanos datos sobre os seus maiordomos e o seu arrendamento a éstos no 1811, o que supón unha novidade na información que sobre o hospital tiñamos ata o momento. O documento, que se garda no arquivo parroquial di o seguinte:
DOCUMENTO ORIXINAL DE ELECCIÓN DE MAIORDOMO DO HOSPITAL
doc-hospital-1.jpg
Podedes ver os documentos orixinais premendo neste enlace

“En la Villa de las Puentes de García Rgez a nueve días del mes de Julio año de mil ochocientos y onze en junta plena los vezinos de esta Villa con presencia del Sor. Cura Párroco della, acordaron, y arendaron, a Domg. Freire la casa del hospital en que havita el sobredicho, que Juntos con el Parroco elijieron Maiordomo á Blas Gonz. Para este presente año tener cuenta de los caudales dedcho hospital, y tener a su cargo las mas obligaciones, y coneste motivo a presencia de Mart. Fernz. Cabarcos, Dn Luis Salbaor. Franco, Antonio de Castro, Antonio Arias, Pedro do Pico, Fran(co) del Corral, Marcos Fernz. Cabarcos, Antonio López Nogeiro, Patricio da Cal, Miguel de Rouco, Andres Corba, Antonio de Rouco, Andres Ferro, Jph Rouco, Ferndo Ferro, Jacobo de Souto, Patricio Leo, Lorenzo Fornos, Jph María de Castro, y Jph de Castro, todos vezinos de esta villa, con el Señor Cura, hizieron dcho Arriendo al Freire con las condiciones segtes. La 1ª que la Bodega que haze al Norte hade estar limpia y desocupada pª recojerle allí qualqª enfermo, o enfermos, sea de la Villa o atropa, o qualqª transeuntes, y les ha de asistir dandole el maiordomo lo necesario pª camas y lomas que se necesite para asistirles también ha obligacion que el Freire ha de romper la puerta para la entrada de otra pieza a su costa, y ademas de esto hade pagar, anualmente quarenta reales al Maiordomo que fuere sin descuento ni Rebaja y con estas condiciones y no sin ellas le hizimos dcho arriendo por tiempo y espacio de quatro años contodos desde el día de la fcha; que acabados quesean los quatro años este arendamto., debe dejar, libre y desocupada sin pleito nilitigio para que podamos disponer della como mejor nos parezca, firmamos los qe supemos: fcha u.t.supra.
tanbien es condicional que al Freire no le abemos de dar llña ni otro serbicio algno para la su tenencia de los enfermos y como asido el ma yor postor seledio por bien rrematada la indicada casa y para abendecumplir contado loaquipautado y o pos sufiador a Mathias de Soto, nuestro conbezino que dice bajo su firma cumplira con las condiciones que contiene dicho arendo siempre que falte el otorgante y el Freire que se alla presente aceda dicho aziendo y seobliga dejar a su fiador a salbo y nosotros tambien nos obligamos de no ir contra este contrato asta estar cumplido dicho ariendamiento no firma el Freire, porque asento no saber pero se lo hace sufiardor en el dia mes y uno ut supra.
Mathias de Soto, Blas González, Manuel f. Cabarcos, Luis Salvador Franco.
Nota: El día qto del mes de Agosto de mil ochozos y once celebró Junta el Pueblo de esta villa de las Puentes, y con asistª del s. Cura de ella se remataron todas las tierras allí labradías como monterías pertenecientes al hospital de dcha Villa á Pedro Freire vzno de esta Parroqª como maior Postor pr espacio de qto años, y en cada uno hadepagar ciento yonze ras. von (reales de vellón)” (19) .
Do mesmo xeito, moitos testamentos deixaban para esta causa algo do seu patrimonio, ou para causas vinculadas a éste hospital. Así o marido de Antonia Rodríguez (Lorenzo Fornos) fixo testamento en 1818 mandando: “lego a la Casa Santa Redención de Cautivos y mas ordenes mendicantes lo que esta de costumbre con que les aparto de mis bienes” (20) .
Moitos foron os que se albergaron nel, ou mesmo faleceron. Do século XVIII sabemos que o 5 de Novembro de 1732 faleceu no hospital “Juº Baptista de Guidalla, marinero… se dio sepultura en la Iglesia, dijo llamarse… ser soltero, no tener sus padres, natural de Portasta en Bizcaya…murio en el ospital desta villa administrado del Scramen(to) dela penitencia y del dela extremaunción, y no dio lugar en la enfermedad a mas… Bendiosele la ropa apujas, ysele dijeron el dia de su entierro ocho misas cantadas… según verbalmente me lo dejó en cargado”.

Non é o único mariñeiro que falece de paso por As Pontes, algún deles incluso militar, o 8 de Abril de 1740 falece “Domº Fdez, marinero… dijo ser Marinero quibenia del Rl servicio de su Magde Dios lo g(de) del Vezº del Lug(r) del Puerto de S(n) Esteban de tapia en el principado de Asturias”. E tamén o no Nadal de 1762 falecía no hospital “Ygnacio Rodríguez, marinero… marido de Ysabel de By, vecino q dijo ser de Sante Andev, Departamento de Vizcaya murio en el hospital de esta Villa el día 24 de el ref… caminando de la villa deel ferrol azia su patria fue administrado de todos los ss… dejaba p(r) sus hijos lexitimos a Pedro y Xavier Rodríguez, solteros”. E tamén en Febreiro de 1767 Alonso Menéndez, “marinero… vez de Jixon… marido de Ysabel de la Cuesta… murio el 20 en el hospital de esta Villa”.
IgnacioRodriguez.jpg
PARTIDA DE DEFUNCIÓN DO MARIÑEIRO IGNACIO RODRIGUEZ

No 1742 morre un hospitalero do mesmo, chamábase Juº do Cal, e era pobre. Morría o día 30 de Setembro sendo sepultado dentro da Igrexa parroquial “Juº do Cal Hospitalero v(zo) q fue desta Villa, murio administrado de los s(tos) sacramentos que le conbenian = no hizo testamento por no tener de que”.
JuCal.jpg
PARTIDA DE DEFUNCIÓN DO HOSPITALERO JUAN DO CAL

O 30 de Setembro de 1752 falece no hospital Alonso Lodeiro “sepultura dentro del portico de la Iglesia… v(zo) de S. Barm(e) de Ynsoa mozo soltero y soldado que avia sido yal prest(e) libre según constaba de papeles que fabrica los que llevo asu poder Joseph da Fraga alcalde deesta jurisdi(on) y v(zo) de dhª frª murio enel hospital desta Villa”.
AlonsoLodeiro.jpg
PARTIDA DE DEFUNCIÓN DO SOLDADO ALONSO LODEIRO

O 20 de Agosto de 1753 falece no hospital Pedro Maseda, que se enterrou no pórtico “un mozo según su aspecto… murio en el hospital de dicha villa… murio de Azidente… Era de Valle de Oro”.
O 22 de Novembro de 1762 morre no hospital Mathias Miguez, veciño de Santa María “de dos Iglesias, Arzobispado de Santiago, moço soltero… no se pudo saber el nombre de sus padres… murio en el hospital de esta billa el dia 21… veniendo de transito”.
MathiasMiguez.jpg
PARTIDA DE DEFUNCIÓN DE MATHIAS MIGUEZ

O hospital de As Pontes servía tamén, – como estou atopando no caso do hospital de Santa Catalina de Vilalba – para que pernoctaran nel os cregos que viñan a funerais á vila, ou que estaban de paso pola mesma. Así, ó falecer o catro de Febreiro de 1740 “Anttº dos Campos… vecino que fue dessta vª, pobre, Hostiatin. Murio según noticias en el Condado de Stª Marta de Ortigueira, asistieron a su entierro los sacerdotes desta Parroquia, y se les pagó a dos rs y mº con cargo de misas… se han quedado en el Hospital desta villa…”.
A pobreza dos tempos facía que ás veces houbese casos coma o de Domingo, un neno pequeno que o 30 de Xaneiro de 1773 era soterrado “muchacho menor delos siete años no supo decir quienes eran sus padres se llamaba Domingo… murio en el hospital”.
Sobre as normas de funcionamento de estos hospitais, o máis indicado é coñecer o que se di nas Sinodais do Bispo mindoniense (1582-1593) Isidro Caja de la Jara, no título XXV, capítulo I, II e nas notas xerais feitas a raíz da instrucción de correxidores en cédula do 15 de Maio de 1788. No século XVI a normativa diocesana mandaba:
“Capítulo I. Que los mayordomos de los hospitales den cuenta cada año y dentro de quince días paguen el alcance.
Los mayordomos de los hospitales deben ser hombres pios, y que por ninguna cosa se entienda de ellos que se aprovecharán de la hacienda de los pobres, sino que antes la grangearán, y procurarán como la suya propia. Y porque á Nos, como á Ordinario pertenece visitar, y mirar por semejantes obras pias, pues no tienen otro dueño más propio, y el Sagrado Concilio tanto lo encarga, mandamos, approbante Synodo, que todos los mayordomos, y administradores de cualesquier hospitales de esta nuestra Diócesis, den todos los años cuentas, á quien de derecho y costumbre se deben dar, hallándose siempre el Cura del pueblo á ellas, y firmándolas; las cuales se hagan con testigos, y ante escribano público, precediendo juramento, de que son ciertas y verdaderas, con toda distincion y claridad, para que Nos, ó nuestros Visitadores, ó las personas que para ello nombrarémos, podamos facilmente tomar y ver las de todos los años atrás, y sepamos como se cobra y distribuye la hacienda. Y los alcances que en dichas cuentas se hicieren, no pasen de un mayordomo nuevo dentro de quince dias de como se acabaren las cuentas, lo cobre realmente y con efecto, y se haga cargo de ello, de manera que nunca se reciba por descargo deuda de ningun mayordomo pasado, porque sabemos que hay en esto mucho desorden; y que unos á otros se suelen disimular y dilatar mucho tiempo las cobranzas, quedándose cada cual con un pedazo. Y las demas deudas que diere por descargo, no se le reciban sino muestra y consta haber hecho bastantes diligencias en cobrarlas, y si las muestra con alguna duda, no se le pase en cuenta su salario, si le tiene, sino que lo cobre de aquellas partidas dudosas.
Capítulo II. Que en los hospitales tengan los administradores hospitaleros de buena vida, y á cuales pobres han de recibir.
Conviene mucho que haya en los hospitales personas de mucha caridad, y que traten bien á los pobres, y les sepan sufrir lo que se ofreciere, como no sean pecados. Mandamo, que si es posible sean casados: y si estuviere muger sola, sea de cincuenta años arriba, y de buena fama. No admita consigo moza, ni muger otra alguna para dormir en dicho hospital. Y en los que son para solamente peregrinos, y viandantes, como son todos, ó los mas de este Obispado, no se reciban enfermos para curar, sino con muy urgente causa, y con licencia del Cura, y de todos los que suelen hallarse á las cuentas. Y procurarán mucho de no recibir vagamundos, que suelen venir con mugeres; antes cuando los tales digeren, que son casados, los remitan á la justicia, para que se vea si lo son: y ninguno esté en el de tres dias arriba, sino fuere de los naturales, y conocidos de la tierra. Y no se les lleve dinero con titulo, ni causa alguna, ni para leña, ni luz; pues están obligados á dársela. Y si alguno pasando de camino cayere malo, avise el hospitalero al Cura, y á las personas ricas del pueblo, y á los cofrades de la misericordia, si la hay, y en esta ciudad á Nos, para que sea proveido de lo que fuere menester, por la via que se pudiere”.
Xa a finais do século XVIII fará falla correxir varias de esas directrices, e polo tanto engádese a seguinte nota:
“Nota general al título XXV. Desde que se publicó la instrucción de corregidores inserta en cédula de 15 de Mayo de 1788, ya dejaron de ser de la exclusiva competencia de los Obispos el gobierno y la inspección de los establecimientos de beneficencia. En el cap. 27 de la instrucción citada se les manda, que “donde hubiere hospitales, casas de misericordia, y otras cualesquiera obras pías destinadas á pobres, dotes de huerfanas, estudios, u otros fines de utilidad pública, celen que por los administradores, y demas personas que tengan intervencion en ello, se cumpla exactamente con el instituto y objeto de semejantes fundaciones, dando cuenta al Consejo de lo que por si no pudieren remediar”.
E no século XIX, acórdase o nacemento das Xuntas Municipais de Beneficencia, como acontecería en As Pontes, e da que se conserva o libro de Actas no Arquivo Municipal. A orde deuse, segundo as notas ó titulo XXV, do seguinte xeito:
“Pero la reforma mas notable procede del Reglamento de 6 de Febrero de 1822, restablecido en 8 de Septiembre de 1836.
Dice el artículo 1º para que los Ayuntamientos puedan desempeñar mas facil y expeditamente lo prevenido en el párrafo 6º del artículo 321 de la Constitucion, habrá una junta municipal de beneficencia en cada pueblo, que deberá entender en todos los asuntos de este ramo como auxiliar de su respectivo Ayuntamiento{”. Art. 12. Las obligaciones de estas juntas serán:
1º hacer observar esta ley y los reglamentos y ordenes del Gobierno á los directores, administradores y demas empleados de los establecimientos de beneficencia.
2º informar al Ayuntamiento sobre la necesidad de aumentar, suprimir ó arreglar cualesquiera de dichos establecimientos.
3º proponer arbitrios para su dotacion y socorro de la indigencia en las necesidades extraordinarias.
4º ejecutar las órdenes sobre mendicidad que le comunique el Gobierno por conducto de sus respectivos Ayuntamientos.
5º recibir las cuentas de los administradores de los establecimientos de beneficencia; y examinadas, pasarlas al Ayuntamiento con su censura.
6º cuidar de la buena administracion de los establecimientos de su cargo, y establecer la mas escrupulosa economía en la inversion de los fondos, claridad en las cuentas, y buen desempeño en las respectivas obligaciones de cada empleado, dando cuenta al Ayuntamiento si notasen en alguno poco celo y actividad, y suspendiendo en el acto á cualquiera por sospechas fundaddas de tortuosos manejos, ó por otro motivo grave.
7º proponer al Ayuntamiento para los destinos de directores y administradores de los establecimientos de beneficencia de las personas que juzguen mas á propósito.
8º formar anualmente un presupuesto de gastos para el año próximo, y al estadistica de beneficencia de su distrito, pasando uno y otra al Ayuntamiento para su dirección ulterior.
9º presentar anualmente al Ayuntamiento cuentas, documentadas de los fondos invertidos en la hospitalidad y socorro domiciliarios”.
Tamén o 28 de Xaneiro de 1799 unha Real Orde enviada dende a Capital de Betanzos fai que a diócese de Mondoñedo lle pida informes sobre o hospital ó párroco de As Pontes:
DOCUMENTO ORIXINAL DE PETICIÓN DE INFORME ACERCA DO HOSPITAL
informe-hospital.jpg
Podedes ver os documentos orixinais premendo neste enlace

Transcripción
“Muy Señor mio y Dueño en atencion a q(to) Vm rrs se halla con ygual Rl Orden ala q(e) semea comunicado p(r) la Capital de Betanzos. q(e) manda formar Relacion delos vienes Raíces pertenecientes a Hospitales, Hospicios, Casas de Misericordia de Reclusion y de expositos, Cofradias, Memorias, Obras pías y Patronatos de Legos; afin de caminar con acierto y dar el debido cumplim(to) conlamayor Brebedad llebando la Armonia q(e) corresponde y desterrar qualquier error q(e) podia rresultar delo contrario, me es yndispensable estar en oficio p(r) la q(to).
Subpp(co) a Vm rrs se sirva en rrespuesta mandarme las Relacions de los Vienes q(e) se verifiquen en su Parroquia y sean conprendidos en dha R(l) Ord(n) con distin(on) de cada Ramo delos que se verifique aver.
Asimismo seme pide p(r) dha Capital razón delos fondos q(e) hubiere en deposito correspondientes al Donatibo y emprestito; espero del Christiano Zelo de Vm rrs la contestac(on), en los terminos q(e) me rrequiere. Con la qual yré Acordis y no resultará la menor duda en nuestra Jurisd(on): esq(to) me obcurre comunican a Vm rrs y mientras espero ocasiones de servirle ruego a Dios n(ro) señor Gue. Suvida mrs a Puentes enero 28 de 1799=
Sumas afectos servidor Juez desta Juris(on) q BS().
Carlos Antº Pittª”
Sabemos que no 1845 o hospital xa funcionaba como escola. Dícenos Madoz que, a escola era pagada por “el hospital de San Juan (dotada con 200 rs) además de 2 rs mensuales con que contribuyen los niños que asisten a ella, no siendo absolutamente pobres”. Polo tanto aqueles nenos que non tiñan recursos eran axudados por fondos benéficos que ás veces tiñan orixe nalgunha cofraría ou irmandade (21) . Estos nenos, participan ás veces co seu mestre cantando misas especiais de festividades da vila, tal e coma amosei nos artigos sobre as Cofrarías de As Pontes. Así, o mestre don Fernando José Piñeiro – En 1825 axudou a cantar a Misa do Carme, e aparece nominado coma “Maestro de primeras letras”.
Co tempo estos hospitais, polo tanto, soeron pasar a ser administrados polos concellos e neles traballaban as xuntas de beneficencia e as xuntas sanitarias. A xunta de beneficencia de 1858 estaba presidida polo alcalde Fco Ramil, non había médico, o ciruxán era José Galán que exercía ó tempo de farmacéutico e veterinario. A ésta xunta pertencían tamén os veciños José da Cal, Juan Penavad, Antonio Arias, Marcos Cabarcos, Fco Nicolás López. En Xaneiro de 1861 continúa o mesmo alcalde ó frente e o mesmo ciruxán, aínda que cambien algúns dos vocais. Entre o 1863 e 1864 aparece a presencia do cura párroco Manuel Tomás González (o que se denominou popularmente coma “o cura tolo”) (22) .
No tema sanitario son de destacar varias epidemias e varias intervencións na vila por parte desta xunta ante elas. Así, o 29 de Setembro de 1903 reuniuse a xunta para tratar de casos de viruela “que se han dado en esta villa, según aviso del Inspector Municipal”. Obrigouse a vacinar ós nenos. O brote estivo centrado no barrio do Cruceiro onde vivían Josefa Ferreiro nunha caseta con tres fillos pequenos sen vacinar, a casa de Juan Fdez Lamas (2 casos), na casa de Juan Bellas González, que faleceu desta, e nunha Casa que estaba detrais do “Café” onde estivo afectado un fillo do seu propietario Luis Cabarcos. Acordouse por unanimidade desinfectar as casas, aillar ós enfermos e realizar o sepelio o antes posible, en caixas que non se destaparan en ningún momento (23) .
No 1909 (13 de Outono) fíxose frente a algún caso de sarampión (24) . Pero un dos perigos que máis atemorizaban á xunta era o problema da sanidade nas augas. A vila tiña costume de utilizar indiscriminadamente a auga do río, a vila carecía de fontes públicas (25) . Por outra banda existía unha fábrica de gaseosas na vila propiedade do Sr. Corral que criaban “limas” despois de estar certo tempo na casa (26) . Mandáronse comprobar as augas do seu manantial e houbo un forte seguemento das augas que se consumían así como da fonte do vello cimiterio. O problema da tifus era moi temido e houbo casos de fiebre tífica que fixeron suspender as clases nos colexios das nenas o 25 de Novembro de 1910 (27) .
Xa demolido o hospital (da súa demolición consérvanse varias fotos expostas no Museo Etnográfico do Colexio Monte Caxado), o 2 de Outono de 1918 apareceu a peor das enfermidades da que falecían as embarazadas e da que morreron varios por casa naquel momento: a gripe. Atendeuse ó mandado segundo os boletíns oficiais do 26 e 30 de setembro. O concello promulgou un edicto de medidas sanitarias nas que entraba a desinfección con carbonato sódico e sulfato de cobre. Mandáronse clausura-las escolas públicas e incluso o colexio particular “do Carmen” limitou o seu horario de 10 a 12 da mañá. Incluso ordenouse ó cura da parroquia reducir os cultos ós ordinarios, absténdose de solemnidades relixiosas, ordenándolle tamén sanitariamente a supresión das pilas da auga bendita (28) .
A xunta sanitaria irá aprobando medidas sanitarias como serán a da construcción de alcantarillados. A zona da rúa Real e da rúa San Xoán considéranse prioritarias, quizais foran as que presentaban maior abandono sanitario (29) .
No 1924 e 1925 houbo falecementos por tuberculose, polo que o veterinario recoñeceu ás vacas da vila (30) .
Segundo a memoria do Sr Illade, os derradeiros médicos que atenderon o hospital foron García Pita, García Hyde, e o morfinólogo Pimentel. Pouco máis nos queda da memoria dun Hospital que o vello edificio da rúa San Xoán, o nome dunha praza e unha imaxe de San Xoán do século XVII que pertenceu á capela do mesmo (na actualidade na parroquia de As Pontes), e que foi nun tempo venerada polos veciños da rúa San Xoán.
Xabier Martínez, nos derradeiros momentos do Círculo Lítico
1 Coma a orde dos templarios, tivo a súa orixe tamén en Xerusalén, no hospital de peregrinos, do que tomou o seu primitivo nome de “orde do hospital” ou de “San Xoán Bautista”, ainda que acabará sendo máis coñecida pola súa designación posterior de “cabaleiros de Rodas” ou de “Malta”, polos lugares que máis tarde ocuparon. A súa primeira regra foi redactada por Raimundo de Puy en 1125. A súa constitución era análoga á dos templarios. Cf. Ludwig Hertling, Historia de la Iglesia¸Herder (Barcelona 1996) 208-209.
2 Cf. Enrique Rivera Rouco, ´Los bienes eclesiásticos usurpados a las parroquias de As Pontes en la “Desamortización” de Mendizábal`, na Revista das Festas do Carme 1995. 17 p.
3 Enrique Rivera Rouco, Historia de Puentes de García Rodríguez (A Coruña 1976) 113 p.
4 Cf. J. Crespo del Pozo, Blasones y linajes de Galicia, (Madrid 1985) V, 186-187.
5 Cf. Anselmo López Carreira, A cidade medieval galega, Edicións A Nosa Terra (Vigo 1999) 157 p.
6 Cf. Rafael Usero, Cedeira y su hospital de pobres y peregrinos`, en Estudios Mindonienses 13, (Ferrol 1997) 691 p.
7 Cf. Enrique Cal Pardo, Episcopologio Mindoniense, publicaciones de Estudios Mindonienses (Ferrol 2003) 711-759 pp.
8 Arquivo Diocesano de Mondoñedo, Libro de Fábrica da parroquia de Santa María de As Pontes, fol. 26.
9 Ibid. fol 25.
10 Ibid. fol. 26.
11 Cf. Santiago Daviña Sáinz, ´Pontedeume a través del catastro de Ensenada`, en Cátedra. Revista eumesa de estudios, nº 8 (Pontedeume 2001)113-157 pp.
12 Arquivo Diocesano de Mondoñedo, Libro de Fábrica da parroquia de Santa María de As Pontes, fol. 7v.
13 Cf. Andrés López Calvo, ´Peregrinacións, hospitalidade e pegadas xacobeas na comarca eumesa`, en Cátedra. Revista eumesa de estudios, nº 6 (Pontedeume 1999)167 p. Cf. ´La red viaria, la desconocida de la romanacización de Galicia`, en Sección de Cultura de A Voz de Galicia, Domingo 18 de Abril de 2004, 48-49 pp.
14 Cf. Andres López Calvo, o.c., 168-169 pp. Recomendamos unha lectura de todo o artigo 163-186 pp.
15 Antonio Vázquez Rey, Crónicas nedenses y otros temas (Neda 1994) 159-166 pp. Sobre o hospital e Capela do Espírito Santo, fundado no 1500 no que se recibían enfermos e peregrinos.
16 Andres López Calvo, o.c.
17 Antonio Vázquez Rey, o.c., 165-166 pp.
18 Andres López Calvo, o.c 174-179 pp.
19 Arquivo Parroquial de As Pontes, legaxo de documetos antigos. A aclaración chama Pedro Freire a Domingo Freire, podendo tratarse dun erro.
20 Ibid. Testamento de Lorenzo Fornos.
21 Cf. Diccionario Madoz (Galicia), V, (Madrid 1845) facsímil (Santiago 1986) 1091 p.
22 Cf. Arquivo Municipal. Anexo ó libro de Actas de 1901, fol. 1 e ss.
23 Cf. Ibid. fol. 6. A costume de destapar as caixas en certos momentos do sepelio vai ser perseguida polas autoridades sanitarias e no arquivo cítanse casos delictivos a este respecto en Somede e Vilavella.
24 Ibid. fol 11.
25 Ibid. fol 12.
26 Ibid. fol 17.
27 Ibid. fol. 13 v.
28 Ibid. fol 19-19v.
29 Ibid. fol 22, 29.
30 Ibid. fol 24.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios