O HOSPITAL INTRAMUROS

34

Coma prometín nun dos comentarios ó artigo do “Hospital de San Xoán”, aquí vos presento hoxe as fotos do hospital-casa de San Xoán que lle deu nome á rúa máis senlleira da vila antiga, a rúa homónima de San Xoán.

Cruz da Orde de San Xoán de Xerusalén inscrita na pedra da fiestra da Antiga Casa desta Orde en As Pontes
Cruz da Orde de San Xoán de Xerusalén inscrita na pedra da fiestra da Antiga Casa desta Orde en As Pontes


Desgraciadamente a zona antiga de As Pontes foi maltratada ó longo dos anos, e esta rúa quedou soterrada baixo máis dun metro e medio de recheo, como podemos comprobar na parte frontal desta edificación. Todo esto fixo que se perdese o sabor antigo dunha fermosa e vella rúa. Cómpre un estudio técnico serio que rehabilite o antigo trazado e recupere as fachadas que se conservan, e que desenterre aquello que quedou no fondo da rúa San Xoán.

Hospital de San Xoán
Porta Principal soterrada, que nos amosa a verdadeira altura da rúa

A rúa San Xoán foi das primeiras en poñerselle alcantarillado en As Pontes (soterrándoa deste xeito). Foi unha rúa con problemas sanitarios a finais do século XIX, onde se rexistraron numerosas enfermidades. No libro de beneficencia do Concello fálase en varias ocasións da necesidade de mellorar ás súas condicións sanitarias, porque a auga e os desperdicios corrían polo medio dela ata o mesmo río.
IMAG0040.jpg
O Portón impídenos ver a fermosa fiestra coa cruz e coa inscripción

Pasamos polo seu carón moitas veces, despistados, e a porta de ferro que pecha a súa propiedade impídenos darnos conta de que ahí sigue, despois de moitos, moitos séculos. Invito a que coidemos unha edificación ben significativa, e que sigue en pé.
IMAG0048.jpg
Casa da Orde de San Xoán de Xerusalén

Coma acontecía con Vilalba, na vila de As Pontes había un hospital-casa intramuros, e outro exterior á propia vila, que puido terse creado co tempo para evita-la entrada de enfermidades contaxiosas, coma a peste, no interior da vila. No século XIX, a xunta de beneficencia xuntábase na Casa do Concello, pero tamén esta casiña foi local para ese tipo de xuntanzas en moitas ocasións. Baixo a Cruz que representa nunha das fiestras á Orde de Xerusalén, aparece unha pedra cunha inscripción con caracteres bastante antigos, probablemente anteriores ó seculo XVI.
IMAG0051.jpg
Pedra con antiga inscripción

A casa amosa o seu carácter de construcción moi antigo a través das pedras de cantos rodados recollidas no río Eume que ainda a compoñen e que asoman dende o interior do muro.
Esta é unha das pezas que nos queda por coidar, disfrutar, e valorar dentro da vila, como parte da nosa propia identidade e historia. O outro edificio do hospital, o que estivo na Praza do Cruceiro (tal e como aparece na documentación antiga), foi derruido cara ó ano 1914. No Museo Etnográfico do Monte Caxado atópase exposta unha fotografía da súa demolición, e tal coma vos prometín tamén, hoxe ofrézovos esa fotografía, gracias ás facilidades e axuda do seu responsable. Para disfrutala con maior calidade podedes acercarvos por este museo e disfrutar do enorme traballo de recopilación que nel se atopa, nunca suficientemente valorado.
IMAG0006.jpg
Foto da demolición do hospital extramuros
Museo Etnográfico do Monte Caxado

Na súa conferencia das segundas xornadas de Estudios Históricos e Sociais en As Pontes no 2005, organizadas pola Asociación de Estudios Históricos e Sociais “Hume”, o profesor don Carlos Breixo fixo alusión a que este hospital “pola documentanción escrita que se conserva sabemos que está perto das murallas da vila e da súa porta principal; Consta dunha edificación a modo de casa- torre onde teñen varias camas que son atendidas polos hospitaleiros… En Portomarín asentábase desde o século XII a orde de San Xoan, onde construiron a súa igrexa-fortaleza. A cruz de San Xoan era o sinal ou divisa que ostentaban. O pobo quedaría asulagado o construirse o embalse”.
Tamén este estudioso nos amosou naquela brilante conferencia un documento realizado en Pedroso o 2 de Maio de 1593, que nos fala de esta casa do Hospital que hoxe vos presentamos, ó facer referencia a unha propiedade que testaba coa muralla e coa casa do Hospital.
Xabier Martínez, nos derradeiros momentos do Círculo Lítico
IMAG0050.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios