KEMECuentas 0.94, contabilidade para Linux

26

Lendo mancomun.org:
“KEMECuentas é unha aplicación contable que se desenvolveu de forma autónoma, sen depender de ningún programa de facturación ou de xestión comercial anexo. Está dirixida a profesionais que precisen realizar o seu traballo sen ter que procesar datos extracontables, como dar de alta artigos ou xestionar stocks.”…


…”Entre as principais características a destacar desta versión, atópanse:
* Proceso de rexistros de IVE e elaboración dos libros de facturas emitidas/recibidas.
* Vencemento de contas a pagar e cobrar, con procesado automático de cobros/pagos.
* Regularización, peche e apertura de exercicios de forma automática.
* Rexistros para amortizacións de inmobilizado con realización de asentos de forma automática para cada exercicio.
* Posibilidade de confeccionar estados contables e outros documentos, nos que se poden incorporar fórmulas e detallar saldos de contas.
* Permite a confección de libros contables, os contidos dos libros e documentos pódense exportar a PDF.
* Emprego do paquete Latex para a impresión e consulta de informes.
* Manual de máis de 100 páxinas integrado na aplicación. Está dispoñible na páxina web do proxecto: http://keme.sourceforge.net.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios