Caso de éxito de negocio con Software Libre: SNORT

51

Lendo mancomun.org:
“Snort é un popular programa para a detección de instrusos en redes de computadores. O seu creador, Marty Roesch, comezou a escribilo no ano 1998. Entón tiña 28 anos e decidiu montar unha empresa, Sourcefire, que vendería no ano 2005 por un prezo multimillonario: 225 millóns de dólares. A chave do seu éxito foi por un lado, utilizar Internet para distribuír software de código aberto gratis e, por outro, vender pezas propietarias (de código pechado) que melloran a oferta gratuíta. “…


…”Este modelo mixto, código aberto + código pechado, emerxe como un dos novos modelos de negocio máis populares na industria de software, segundo os investidores de capital risco.
Existen, con todo, potenciais problemas á hora de implantar este modelo, xa que nel se conta cunha comunidade de desenvolvedores que, en moitos casos, non están dispostos a seguir o “dobre xogo”. Asemade, as empresas con modelos mixtos poden acabar abandoando as súas ofertas abertas porque se se ten unha versión de código aberto gratuíta e unha versión comercial con funcionalidades melloradas, a versión libre pode sufrir as consecuencias converténdose nunha solución de menor gama dentro da liña de negocio.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios