Concurso de cliparts e modelos para OpenOffice.org

30

Lendo mancomun.org:
“OpenOffice.org Document Project convoca en colaboración con Wordlabel.com un concurso para elixir cliparts e modelos (templates) para OpenOffice.org. Os gañadores poderán recibir premios en metálico e a posibilidade de que os seus traballos sexan engadidos a esta suite informática. O prazo de presentación remata o día 13 de outubro ás 18 horas (hora galega).”…


…”A participación está aberta a todo aquel que o desexe. Os traballos deben ser enviados en formato de modelo de OpenOffice.org (ex: *.ott para Writer) e os cliparts en calquera formato gráfico soportado por OpenOffice.org ou formato SVG co seu correspondente filtro importador. As propostas que se presenten deberán estar baixo licenza LGPL ou PDL. “…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios