O desprezo á memoria

114

Recentemente, o pasado sábado 16, cumpríronse 70 anos da morte do meu bisavó. O meu pai, residente no extranxeiro, quixo honrar a memoria do avó Tomás publicando una esquela de cabodano no periodico La Voz de Galicia (edición de Ferrol) e con tal intención redactouna, enviouna a redacción e pagou relixiosamente o precio da súa publicación para o dia 16. Todo esto non tería maior trascendencia de non ser porque o meu bisavó morreu asasinado por un pelotón franquista xunto con 16 persóas mais contra un muro do cemiterio de Serantes un 16 de Setembro de 1936. Alí reposan os seus restos nunha fosa común con moitos, moitísimos mais que foron aniquilados do mesmo xeito bárbaro e cobarde. Por eso o feito da publicación desta esquela tiña un valor moi especial, porque nunca antes tal cousa se fixo, nunca antes ninguen lembrou o que alí aconteceu, nunca antes ata agora. Pois ben, pasou o dia e a esquela non foi publicada,… ¿por qué?… dende a redacción de La Voz de Galicia explicaron, a requerimento do meu pai, que o periódico negouse a publicar a esquela “por motivos de ética periodistica”…

Placa0002.jpg


A esquela rezaba así…
70º CABODANO DO SEÑOR
Don Tomás Miján Expósito
Músico militar retirado.
Ilegalmente feito preso e asasinado sen xuizo por militares fascistas o 16 de setembro de 1936 aos 56 anos, deixou muller, seis fillos e centos de amigos.
Descansa anónimamente no cemitério
de Serantes-Ferrolterra, xuntamente con outros amigos e compañeiros, mártires da loita pola liberdade e vítimas dunha barbarie impune que non admite esquecemento nin reescrituras.
O teu amor pola Xustiza
Social, a Música e a Cultura Galegas e os teus esforzos a prol da Liberdade, sempre serán lembrados.
O teus netos e bisnetos non te esquecen.
Ferrol, 16 de setembro de2006

Ética periodística???… Pode falar de ética periodística un periódico que se nega a publicar unha esquela como ésta, que honra a memoria das vítimas dunha masacre inxusta e esquecida??, hai algunha “ética” en negarse a publicar sen previo aviso unha esquela que lembraba a tráxica morte dun familiar cuia publicación, ademais, estaba xa pagada?… haina en negarse a publicar a verdade??
O meu bisavó non era ningún criminal, non cometeu ningún acto ilegal… el, como todos os que morreron ó seu lado, foi a vítima da ilegalidade e da barbarie dos criminais fascistas que levaron a este país a unha guerra fraticida na que só houbo perdedores. Os que se negan a ver isto e a recoñecelo escudandose na “ética periodistica” son simplemente uns hipócritas desmemoriados que ainda teñen vergonza de denunciar a cruel e bárbara realidade da que foi vítima todo un pobo fai 70 anos… e que ainda agora é vítima do esquecemento.
A pesar deles, hoxe hai unha placa no muro do cemiterio, unha placa que loita contra ese esquecemento. Tal vez os señores de La Voz De Galicia deberían darse un paseo por Serantes para saber o que realmente é a Ética e para darse de conta de que negarse a lembrar só prolonga a dor e a vergonza polo acontecido.
É hora de coñecer a verdade para que non se repita nunca.
Artigo enviado por :Trasancos

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios