Plataforma: Comunicado 26-09-2006

57

A Plataforma Cívica en Defensa do Círculo Lítico da Mourela ante a incerteza da continuación das escavacións arqueolóxicas no círculo lítico, que continúan paradas, expresa:
Continuamos a traballar en presentar alternativas para que o trazado da autovía non signifique a destrucción irremediábel da zona na que se encontran os restos do círculo lítico da Mourela.
A falta de consolidar unha alternativa sólida para evitar a destrucción dos restos arqueolóxicos, entendemos que de non presentarse un trazado que non destrúa a Mourela, a única solución pasa por unha escavación total do círculo lítico.
Tendo en consideración que o ano pasado se suspendeu a escavación durante meses por falta dunha cuberta que permitise a continuación dos traballos, agardamos que o Laboratorio de Investigaciones Arqueológicas (LIA) e a Dirección Xeral de Patrimonio cheguen a un acordo para o uso de cubertas para dar continuidade aos traballos.
Desde a Plataforma apostamos polo progreso, e obviamente o progreso pasa por cuestións como as de saber facer compatible o patrimonio arqueolóxico e as infraestructuras viais.
Así mesmo, aproveitamos o presente comunicado para desmentir, como se publicou nalgún medio, que a Plataforma serva de apoio ao director do LIA, Vaquero Lastre.
A diferenza do LIA, a Plataforma non ten intereses económicos (porque é obvio que está cobrando pola escavación a cargo da COTOP) na escavación do círculo lítico Mourela nin recibe subvencións do Concello das Pontes.
Entendemos que os restos arqueolóxicos existentes aínda na Mourela forman parte do patrimonio cultural do pobo pontés e en consecuencia estamos en contra de calquera afán personalista sobre o noso patrimonio.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios