OpenOffice.org 2.0.3 en galego para Windows e novo corrector lingüístico

107

Lendo mancomun.org:
” ‘Mancomun.org – Iniciativa galega polo Software Libre’ acaba de liberar a versión 2.0.3 do paquete ofimático OpenOffice.org para usuarios de MS-Windows. O pasado mes de agosto xa se liberara esta mesma versión para os usuarios de GNU/Linux. Este software inclúe as ferramentas máis usadas para o traballo ofimático diario (procesador de textos, folla de cálculo, base de datos, un programa para facer presentacións, debuxos, etc.), así como un novo corrector ortográfico para o galego.”…


…”O corrector substitúe á anterior versión alfa e inclúe, nesta versión 1.0, máis de 21 millóns de palabras, 500 abreviaturas, 1500 nomes e apelidos, 400 siglas e acrónimos e 1.500 topónimos.
Tamén está dispoñible un pack de idioma galego que se pode aplicar ás versións 2.0.3 que non estean na nosa lingua.
A versión 2.0.3 inclúe:
– Interface e axuda en galego.
– Corrector ortográfico versión 1.0 para galego.
– Melloras de rendemento.
– Corrección de erros da versión anterior (problema ca ruta de instalación, instalación en Windows 98 e 2000, etc)
– Melloras na compatibilidade co Microsoft Office.
OpenOffice.org implementa o estándar ofimático OpenDocument aprobado recentemente pola ISO. É moi recomendable instalar a nova versión 2.0.3 que se pode descargar dende a sección “OpenOffice.org en galego” do noso portal.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios