BENEFICIO DUNHA OCTAVA QUE PERCIBÍA A MESA CAPITULAR DE MONDOÑEDO DA PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE AS PONTES DENDE O ANO 1557

181

Trátase dun interesantísimo e fermoso documento do Arquivo Catedralicio de Mondoñedo, que se atopa no Armario 3, Estante 4, Legaxo 3, que consiste nun beneficio á Mesa Capitular do Obispado sobre a parroquia e os fondos económicos parroquiais de Santa María de As Pontes de García Rodríguez. O interesante deste documento de 1557 é a presencia do canónigo-prior de San Salvador de Pedroso D. Diego Maldonado de Paz, coma responsable do cumprimento deste beneficio, amosándonos que a parroquia de As Pontes fora de presentación do Mosteiro de Pedroso.


Cabe destacar que San Salvador de Pedroso foi un mosteiro de coengos Regulares de San Agustín, que despois do tempo dos Reis Católicos quedou baixo o privilexio dos coengos da Catedral de Mondoñedo (Cf. Enrique Cal Pardo, El Monasterio de San Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos, Deputación Provincial de A Coruña 1984). Este dato axudaranos a comprender mellor o documento e a fixar a relación entre a parroquia de As Pontes, o Mosteiro de Pedroso e a Sá Capitular da Diócese.

IMAG0002.jpg
preme na imaxe para ampliala

O documento esta firmado e dirixido polo Bispo D. Francisco de Santa María Benavides, monxe xerónimo, que rexentou a nosa diócese entre o 1550 e 1558. Era fillo do Mariscal de Castela D. Francisco de Benavides, Marqués de Fromista, e de Dona Leonor de Velasco. Foi relixioso Xerónimo no Santuario da Nai de Deus de Guadalupe. No ano 1542 ata o 1543, foi nomeado bispo de Cartaxena de Indias, ata que se pasou a ser bispo da nosa diócese. Foi un dos bispos que representaron a Mondoñedo no Concilio de Trento, en concreto na sesión XV o 25 de Xaneiro de 1552. Fixo outras concesións de beneficios “sine cura”, en concreto, un ano despois da de As Pontes, a de San Cristóbal de Couzadoiro, onde fundou unha misa solemne da Virxe, que se cantaba os sábados custeada por ese beneficio, así coma unhas caserías na parroquia tamén de Couzadoiro.
Colocou no transcoro da catedral de Mondoñedo a imaxe da Nosa Señora “A Grande”, que viñera da catedral de San Pablo en Londres na nave “La Miñona” de Juan Dutton de Aguiar, o nobre que rexentou o Pazo de Grallal en Covas-Viveiro. O bispo Francisco Santa María Fundou a capela da Nosa Señora dos Remedios, patroa de Mondoñedo.
En 1559 deixou a nosa diócese para tomar posesión do Obispado de Segovia. En 1660 trasladouse a Xaén onde faleceu o 15 de Maio de 1560(Cf. Enrique Cal Pardo, Episcopologio Mindoniense).
IMAG0005.jpg
Preme na imaxe para ampliala

O documento comeza no nome deste bispo dicindo:
/Unión de un octavo de S(ta) Mª delas Puentes de García Rodríguez que en 23 de Junio de 1557 hizo el S(r) Obpº D(n) Fran(co) S(ta) María ala Mesa Capitular./
/Don francisco de Santa maria por la miseriqdia Divina de la Santa iglesia de Roma obiº y prior dela iglesia en su obispado de Mondoñedo al consejo de su M por cuanto por parte de los rreverendos s(r) Dean y Cavildo de la Stª iglesia de Mondoñedo y su procurador en su nombre nos fac la relación deziendo que con los fondos de la mesa capitular della seg(u) el serbiçio continuo y necesario del culto Dibino pueden con quia ni legítimamente sustentarse (esos) Anpedido que conforme Ala facultad de su santidad el papa eulio de felize recordación y a la posesion en que estamos los que tenemos del unir frutos e v(cos) debeneficios A la mesa lagamos union perpetua beneficio octaba parte sinecura de Santamaría de las puentes degarçia Rodríguez distanza () que consiste en el Arcedianazgo de Trasancos A la mesa capitular para alguna mas que(do)tacion de los octavosfiaados y serbidos es delas Santa iglesia de Mondoñedo epara que con esta Ayuda de la causa atemporales se repartan mejor sustentos heespirituales y servirse celebrar elculto divino por endeteniendo como tenemos por notorio la pobreza estenuedad de frutos./
Polo tanto, no documento estase a lembrar un privilexio anterior concedido en tempos do Papa “eulio” (Xulio III, 1550-1555) polo que a mesa capitular de Mondoñedo gozaba do beneficio dunha octava parte das ganancias parroquiais de As Pontes. Naquel tempo As Pontes pertencía ó Arcedianazgo de Trasancos, e a época non gozaba de grandes abundancias para o cabildo catedralicio, coma o amosa a conciencia e o “choro” pola parquedade de froitos, que facía necesario aproveitarse deste beneficio de As Pontes.
/Atento a la facultad del ago su mio pontífice nicolas Q econforme Ala bula plomada por el discernida y lo que está determinado y notª en la posesion e inmemorial contrato en que nos Enlos predecesores ()que Ansido desta Sta iglesia y obispado anestado e nos estamos (…)/
Para reforzar o privilexio concedido por Xulio III, faise referencia a unha antiga bula do Papa Nicolas V (1447-1455) que xa concedía privilexios ó Bispado.
/quel lizdo lope martinez de praves canonigo (…) poseesor de (los beneficios) consiente la dicha la union para despues de sus dias otras ecausas y rrazones que nos mueven por el señor de la presente (…) eximir proueximir leazemos titulo provisión y canonica institución al dho beneficio simple sinecura de santa maria de las puentes de garciarrodriguez con salbapartes en favor de (…) Dean y cavildo de Mondoñedo eleunimos e los frutos del para Agora Esiemprejamas y perpetuamente A Alamesa capitular de la iglesia catredral de Mondoñedo (…)/
O beneficio da octava para a mesa capitular mindoniense chegaban a través do canónigo don Lope Martínez de Praves, que consinte en que este beneficio continúe sucedéndose á mesa capitular da catedral de Mondoñedo. A continuación aparece outro canónigo que será o responsable e encargado de “preguntación” como “(teneijaeros) Arrendatario del Priorato de San Salbador de Pedroso Anexo perpetuo de la dha Iglesia”, que se chamaba Vicente Diego Maldonado. Pola redacción caben dúas posibilidades, que a Iglesia á que se refira sexa As Pontes, pois houbo moita relación entre a parroquia e este mosteiro de San Saturnino-Narón nun tempo, e máis ainda tratándose do mesmo arciprestazgo de Trasancos, e polo feito de ser Pedroso fundado por Dª. Munia Froilaz, irmá do poderoso conde de Galicia e de Traba (presencia nestas terras) D. Pedro Froilaz. Pero paréceme e cabe tamén esa posibilidade, que neste texto o de “Anexo a dha Iglesia” se esté a referir á Catedral de Mondoñedo. O que acontece neste escrito é que comparece como garante do beneficio o canónigo Vicente Diego Maldonado, responsable do Priorato de San Salvador.
IMAG0006.jpg
Preme na imaxe para ampliala

Coma xa dixen, o Mosteiro de San Salvador de Pedroso pertencía á orde dos Canónigos Regulares de San Agustín, desapareceran os monxes cara o século XV pasando a ser responsabilidade do Cabildo da Catedral de Mondoñedo. Poida que o concepto de anexo, neste texto, responda a esa dependencia do Priorato de San Salvador da Catedral mindoniense. Ainda que a parroquia de As Pontes foi de presentación do Mosteiro de Pedroso, e polo tanto lle correspondía ó Canónigo-Prior que formaba parte do Cabildo de Mondoñedo, coma depositario dos poderes de Pedroso, esa presentación. Así o confirma don Enrique Cal Pardo na súa obra “Mondoñedo,-Catedral, Ciudad, Obispado- en el siglo XVI- Catálogo de la Documentación del Archivo Catedralicio” (Mondoñedo 1992), cando fai referencia ó documento 3777, do 5 de Maio de 1565, cando di:
“Por providencia del Provisor Antonio López, se hizo un apeo e información testifical de las feligresías cuya presentación correspondía al Cabildo de Mondoñedo, en virtud de la unión a la Mesa Capitular de los bienes y derechuras del Monasterio de Pedroso, al que inicialmente correspondía la presentación de tales parroquias, que eran las de Sta. María de Puentes, Sta. María de Vilavella, S. Juan de Freijo, S. Juan de Casares, S. Esteban de Sedes, S. Vicente de Placente, Santiago de Cuiña, Sta. María de Luhía, S. Salvador de Pedroso, S. Lorenzo de Doso, S. Julián de Lamas, Santiago de Landoy y la capilla de Sta. María de Vilar, Sta. María Mayor del Val, Sta. María del Mar de Cedeira. En todos estos lugares se personó el delegado del Provisor Fernando Núñez de Callobre que recibió un buen número de testigos presentados por el Cabildo que testificaron el derecho que le asistía de presentar tales feligresías cada vez que vacaban. Previamente el Cabildo, en 7 de Julio de 1543, había dado poder al efecto a los Canónigos Alonso Martínez Maseda, Alonso López y al racionero Pedro de Castro. Inició su ronda de preguntas Núñez Callobre por Pedroso, siguiendo por todas las demás feligresías. A través de las declaraciones de los múltiples testigos se evidenció el derecho que tenía el Cabildo de presentar dichos beneficios. Not: Callobre (Signo). Doc Stos A 5 E 1. L 7”.
/despues de los días a los a m(da) lope martínez depziancio por premitacion con (perito) d R(do) Bz(e) diego maldonado canonigo de la sta iglesia Aquien pertenece la dha de preguntacion como teneijaeros Arrendatario del priorato de san salbador de pedroso Anexo perpetuo de la dha iglesia sin la mesa capitular de Mondoñedo para que de la dha funcion y mandamos en virtud de santa oBidiencia a y sopena de excomunion e de diez mill mis para esta camara xcuallquiera eligo (clerigo) conotario que por parte de los dhos de santa maria de las puentes de garcia rrs e leponga y apodere en la posesion (fanega) a por lo cl Broc caliz(to) fornamientos canpana tanida e las otras insinias necesarias según costumbre deste obispado e que en la posesion mandamos debaxo de las dhas (citás) y penas A los feligreses y parrochianos del arciprestazgo venºles acudán y Recudan y fagán Acudir yntercedir con todos los diezmos fuidor rreditos oblaciones sobe(conees co tras) quales quiera (echuras y desechuras) debida y pertenea al dho benº segº Acudieron y rrecudieron Al dicho m(rea) lope martinez de praveo y a sus Antecesores y mejor pudieren este patrimonio de lo qual mandamos dar la presente carta de titulo e union firmada dentro nonbre y sellada conjunto sello es re frendada delynfraescrito arzz en la ciudad de Mondoñedo a veinte y tres días del mes de Junio de el año de mill quie cinquenta y siete Años estando presentes por testigos () y a los canonigos y en las (por la gracia) y rgo.
Fray fran(co) Santamª Por Mon(do) de su (ma) (Obispo)
Perpetua union de la octaba cta sin cura D S(ta) Maria de las Puentes a la Mesa Capitular de Mondoñedo./

O canónigo Diego Maldonado é o responsable dos bens da parroquia de As Pontes, e ten que custodialos, mirando de que ninguén faga abuso dos mesmos, nin cregos nin veciños, baixo pena de excomunión e deber de reparar males. Faise referencia ós diezmos que se pagaban ó canónigo beneficiado da parroquia de As Pontes, don lope martínez de praveo.
Firmase o documento polo Bispo na cidade de Mondoñedo o 23 de Xuño do ano 1557 –digo eu que terían preparadas as cacharelas de San Xoán para esa noite-, sendo testigos os canónigos mindonienses.
Na obra citada sobre “A cidade de Mondoñedo”, don Enrique Cal Pardo fai referencia a este documento numerado coma o 3698, e resumeo do seguinte xeito:
“1557, junio, 23.
D. Francisco de Sta. María (Benavides), en virtud de las facultades concedidas por el Papa Nicolás V, unió a la Mesa Capitular, en atención a la pobreza de la misma, el beneficio, octava parte sin cura, de Sta. María de Puentes de García Rodríguez, habida cuenta de que Lope Martínez de Prabeo, canónigo, consentía dicha unión, que tendría efectos después de la muerte de éste, y de que el Ldo. Diego Maldonado, al que correspondía la presentación como arrendatario del Monasterio de Pedroso, también estaba de acuerdo con ella. Mandó dar posesión al Cabildo del dicho beneficio, que la tomó a 16 de septiembre del referido año, por medio de su procurador, el repetido Diego Maldonado. Firma y sello del Prelado. Not: Luis González y Antonio Tenreiro (Signo). (Doc. Stos. A 3, E 4, L 3, nº 13)”.
Pero qué podemos saber sobre D. Diego Maldonado. Entre 1566 e 1572 aparece na documentación do Arquivo Catedralicio un Licenciado Maldonado coma clérigo da Igrexa parroquial de As Pontes, que cumple as funcións de Arcediano de Trasancos cobrando os tributos e dereitos á varios vecinos de As Pontes (Cf. Enrique Cal Pardo, “Tumbos del Archivo de la Catedral de Mondoñedo. Calendarios. Transcripción íntegra de sus documentos”, (Diputación Provincial de Lugo 2005), doc 877). ¿Podería tratarse do que logo foi D. Diego Maldonado Paz, arcediano de Montenegro, que é o que aparece coma arrendatario do Mosteiro de Pedroso no presente documento?.
Sobre o arrendatario de Pedroso sabemos o que segue a través do seu testamento que don Enrique Cal Pardo enumera coma o documento 4361 na obra sobre “A cidade de Mondoñedo”, xa citada:
“1575, julio, 1. Traslado del testamento del Ldo. Diego Maldonado de Paz, arcediano de Montenegro, hijo legítimo del Ldo. Juan Maldonado y de Quiteria Álvarez de Ovalle (¿), su primera mujer, por el que manda ser enterrado en la Catedral, en donde estaba enterrada su tía María Maldonado o en la que yacía el Bach. Villagrau, su sobrino; deja a la Fábrica de la Catedral, por razón de la sepultura, un cáliz de plata del peso de tres marcos, que se debería hacer en el término de un año, dorándolo y poniéndole una letra. Deja también (…) A la Iglesia de Puentes de García Rodríguez, otro cáliz y para su fábrica, la casa que había comprado a Pedro Ledo. (…)”
Pode que familiar de este tamén sexa o Bachiller Juan Maldonado de Paz, que o 10 de Setembro de 1596, sendo veciño de Mondoñedo, gana nunha puxa do Cabildo de Mondoñedo a octava parte dos beneficios da parroquia de As Pontes, por espacio de 9 anos, en 7600 maravedís, ademais de galiñas e cera, “subsidio y Dezmero”, comprometéndose a facer efectivo todo nos prazos ordinarios do Nadal e a Pascua de Resurrección, e proponiendo coma fiador ó Canónigo Alonso de Cartas, quen se obrigou coa súa persoa e bens. (Cf. Enrique Cal Pardo, “Mondoñedo,-catedral…”, o.c. documento 3134, Not: Callobre (Rúb) (Prot. 20, fol 259r-260r).
Este é o fermoso documento que aporta pequenos datos e ideas á investigación e que vos quixen presentar para esta ocasión. Continuarei coa Igrexa de As Pontes a vindeira semana, retomando o que don Enrique pubricou sobre ela e aportando varias novedades.
Xabier Martínez, nos derradeiros intres do Círculo Lítico.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios