1er ENCONTRO DE FORMACIÓN DE ANIMADORES LOCAIS DA UNIVERSIDADE RURAL PAULO FREIRE

43

A Asociación Euroeume organizou este encontro, celebrado durante os días 4 e 5 de outubro no Alvergue Alvarella, en Vilarmaior. Neste evento reuníronse 20 persoas procedentes das doce comarcas involucradas no proxecto de cooperación Universidade Rural Paulo Freire. Este proxecto pretende recuperar a memoria histórica e oral, os saberes populares e oficios tradicionais, para, ademais de evitar a perda definitiva dos mesmos, procurar crear unha oferta formativa, ou ordenar que áreas de coñecemento deben ser tomadas en conta desde a Universidade Rural Paulo Freire.


O encontro está deseñado para as persoas-animadores/as que van realizar o traballo de rescatar os SABERES en cada territorio involucrado no proxecto, e para as persoas que dalgún xeito están a dinamizar o proxecto da URPF nos diversos territorios.
No referente ao proxecto local, os primeiros pasos que deu Euroeume neste proxecto centráronse no estudo da memoria histórica e oral do territorio, encargado á empresa Ocho Mares, que ademais de recompilar fotografías, documentais e documentos relativos aos saberes tradicionais dos 9 concellos do territorio, realizou unhas 150 entrevistas a persoas portadoras da memoria colectiva do territorio. A información resultante deste estudo marcará que coñecementos son susceptibles de ser tomados en consideración posteriormente pola Universidade Rural do Eume Paulo Freire. Actualmente un avance da información recollida está a ser presentada nunha exposición que xa pasou por varias parroquias do territorio cos obxectivos de contrastar a información recollida e de mostrar os resultados ás persoas que participaron neste proxecto.
Os obxectivos principias destas xornadas de traballo conxunto son:
• Coñecer o proxecto da Universidade Rural Paulo Freire.
• Posta en común dos coordinadores e animadores locais que participan no proceso de construcción do proxecto.
• Traballar sobre a metodoloxía a levar a cabo nos diversos territorios.
• Aprender a sistematizar os resultados.
• Concretar tarefas e calendario do traballo local.
O PROGRAMA foi o seguinte:
DIA 4 de outubro de 2006
09.00 – 11.00 h. – Aclaracións sobre o marco teórico e ideolóxico do proxecto URPF.
11.30-14.30 h.- Exposición do traballo local desenvolto nos territorios de Ronda, Sierra de Cádiz, e Euro Eume.
16,00 -20.30 h.- Apuntes metodolóxicos, sistematización do traballo local, algunhas técnicas que faciliten o traballo de campo. Coa colaboración de José Aparicio Guadas CREC Diputación Valencia.
DIA 5 de outubro de 2006
09.00 -14.00 h. – Elaboración e concreción do PLAN DE TRABALLO para os próximos meses.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios