DBE permite ás pequenas empresas crear ferramentas libres segundo as súas necesidades

60

Lendo mancomun.org:
“DBE (Digital Business Ecosystem) é unha das maiores iniciativas a prol do Software Libre para as PEME na Unión Europea. É un contorno de software totalmente libre baseado en Internet e que facilita o desenvolvemento de aplicacións empresariais. Os empresarios poden definir as súas necesidades e adquirir software axeitado ás súas demandas sen ter coñecementos de programación.”…


…”Esta tecnoloxía permita ás PEME contar cun software evolucionado que se adapta ás súas necesidades e integra a pequenos desenvolvedores no mercado global. Ademais supérase a dependencia dun único fornecedor.
Un exemplo práctico da aplicación desta tecnoloxía é a creación dun sistema que permite aos restaurantes ingleses enviar os seus menús a un mapa online de tal xeito que un pode saber o que ofrece cada establecemento. Esta aplicación non podería ser sufragada polos restaurantes e deste xeito pode ser empregada de xeito gratuíto en calquera lugar do mundo.
O proxecto estase a desenvolver en España, Finlandia e Reino Unido a través de PEME locais enfocándose a áreas concretas. Por exemplo en Gran Bretaña é multimedia, en Finlandia as empresas de software e en España en aplicacións para o turismo. O proxecto remata en xaneiro do 2007 pero continuará. Ademais destes tres países están interesadas diversas rexións europeas como Lazio, Trento e Piamonte en Italia, Baden Wuerttemberg e Stuttgart en Alemaña ou Estremadura. O entorno DBE xa conta con fondos estruturais en Aragón.
DBE non é un entorno aplicable só a Europa. Na India, está a ser usado para o desenvolvemento de aplicacións para negocios agrícolas. En Brasil sopesan usar este sistema para enlazar máis de 600 centros multimedia onde se producen contidos audiovisuais. Ademais preténdese a creación dunha televisión a través do P2P con contidos suxeitos a CreativeCommons. “…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios