Colabora na tradución ao galego da próxima versión do OpenOffice.org

30

Lendo mancomun.org:
“Acabamos de poñer en marcha un novo servizo na web de mancomun.org ao cal se pode acceder a través da seguinte ligazón web: http://www.mancomun.org/entrans
Con este novo servizo queremos implicar á maior cantidade de xente posible a que colabore na tradución de Software Libre, e para iso empezamos, poñendo á vosa disposición, as cadeas que quedan por traducir ao galego da próxima versión do OpenOffice. Unha vez teñamos estes ficheiros traducidos poderemos sacar a próxima versión do OpenOffice en galego gracias á vosa colaboración.”…


…”As cadeas do OpenOffice témolas divididas en dous ficheiros:
* Un ficheiro que contén todas as cadeas da interface do programa (menús, diálogos,etc …) sen traducir e que son unhas 320.
* Outro ficheiro que contén todas as cadeas pendentes de traducir da axuda do programa. (sobre unhas 1909 sen traducir).
Nota: É preferible tentar de rematar a tradución da interface antes que a da axuda.
Para poder empezar a traducir hai que rexistrarse como usuario dende a ligazón que aparece na marxe superior da aplicación. Unha vez rexistrado, dende mancomun.org revisaremos os datos e procederemos a habilitar as contas aos usuarios, que recibirán un correo avisándolles de que xa poden empezar a facer as traducións.
As traducións que fagan os usuarios quedarán marcadas como suxestións para aqueles usuarios con permisos/privilexios especiais (“validadores”) e que serán os que elixan a tradución máis axeitada para cada unha das cadeas.
Á hora de rexistrarse é importante cubrir toda a información que se pide, como o perfil do usuario (lingüista, informático, outro) e máis o cadro de texto de máis información, xa que está información poderános ser útil para poder asignar os permisos/privilexios aos distintos usuarios.
Para aprender o manexo da aplicación consultade a axuda dispoñible na mesma, xa que é de vital importancia que as traducións se fagan correctamente.
Ademais é moi recomendable usar o corpus lingüístico que se usou para as anterior traducións para poder manter a coherencia na tradución entre as distintas versións, ademais de servir de base de datos de tradución. Tamén nos próximos días publicaremos a guía de estilo coa que se fixo a primeira tradución do OpenOffice.org.
Máis información sobre o servizo e sobre os ficheiros PO
Este servizo chámase Entrans (páxina oficial do proxecto en SourceForge) e é unha aplicación web que permite traballar na tradución on-line de ficheiros PO. Estos ficheiros son os que permiten que aplicacións como o OpenOffice, Firefox, Thunderbird, Gaim, etc… poidan ser traducidas aos diferentes idiomas (agradecer aos amigos da asociación CiberIrmandade da Fala que nos facilitaran a súa tradución do programa ao galego). “…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios