Linux na Nintendo Wii

29

Lendo agnix.org:
“Satoru Iwata, CEO e presidente de Nintendo, contestou recentemente a algunhas preguntas nunha entrevista publicada nas propias páxinas de Nintendo. E entre eses comentarios Iwata falou da posibilidade de actualizar o sistema operativo, que ao parecer podería ser un Linux modificado.”…


…”Un dos posts dun blogger xaponés que ao parecer ten certos contactos en Nintendo parecía albiscar a posibilidade de que a Nintendo Wii utiliza o sistema operativo Linux, unha noticia que foi moi comentada en varios foros.
Esta inclusión sería a responsable dun prezo realmente competitivo para esta consola, pero os comentarios neses mesmos foros de discusión fan discutible tal posibilidade, en parte polas licenzas GPL que entrarían en xogo se Nintendo utiliza código aberto de forma comercial.
As declaracións do seu presidente desde logo deixan entrever a posibilidade dado que fala de ‘actualizacións do sistema operativo’, pero haberá que comprobalo.
En calquera caso, xa existe unha iniciativa para poder executar Linux nesta consola, o que sen dúbida aledará a moitos frikis. “…
Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios