O Porriño será do 12 ao 15 de outubro a capital galega do Software Libre

46

Lendo mancomun.org:
“O alcalde do Porriño, Raúl Francés, presentou hoxe en rolda de prensa a segunda edición da Linux Party, un encontro de persoas interesadas na informática e o Sofware Libre que se desenvolverá do 12 ao 15 de outubro no Pavillón Municipal de Deportes. Na presentación estivo acompañado de Carlos Rodríguez (presidente de GALPón) e Manuel Hermo (presidente de AGNIX).”…


…”- Concello do Porriño, Nota de prensa 10/10/06 –
A maior party de software libre de Galicia comezará o xoves 12 ás 17:00 horas e desenvolverase ata o domingo 15 ao mediodía, con 150 ordenadores conectados en rede, conferencias, coloquios, visitas escolares, concursos e outras actividades relacionadas con GNU/Linux e os programas de código aberto. O evento está organizado por GALPón (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra), coa colaboración do Concello e de AGNIX (Asociación de Usuarios de GNIX).
Carlos Rodríguez, presidente de GALPón, sinala que están chegando ao límite de inscricións para participar na Linux Party, polo que anima á xente interesada a que se anote o antes posible en www.galpon.org. Agárdase a asistencia de usuarios e usuarias de toda Galicia, con presenza destacada de persoas da área de Vigo. Os asistentes poderán levar o seu ordenador de sobremesa ou portátil para ocupar unha das 150 prazas dispoñibles con conexión a Internet e rede local. Ao longo dos catro días que durará o evento celebraranse varias conferencias e mesas-coloquio, que tratarán temas de programación, uso e aproveitamento das principais ferramentas do software libre e incluso sobre astronomía. Os asistentes recibirán de forma gratuíta un cd cunha distribución completa de GNU/Linux e Open Office en galego.
Está prevista tamén a visita de dous centros de educación secundaria de Cangas e O Porriño. Raúl Francés convidou “a todas as persoas interesadas na informática a participar neste encontro, porque será unha boa ocasión para intercambiar experiencias nun ambiente de ocio e traballo”. O alcalde lembrou que “o noso Concello está implicado en potenciar o software libre polas súas posibilidades para crear redes sociais activas. Neste sentido, anunciamos que en decembro O Porriño acollerá as I Xornadas Lusófonas de Software Libre, con representantes de Galicia, Portugal e Brasil”.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios