Feira de Fungos e Cogomelos 2006

52

Dende @migus realizamos unha vez máis o anuncio web e video da Feria de Fungos e Cogomelos 2006. Dende aquí podedes ver o programa así coma descargar o video en MPEG2 en formato PAL 4:3.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons:
Sin Obra Derivada Sen Obra Derivada (No Derivate Works): O material creado polo artista pode ser distribuido, copiado e exhibido pero non se pode utilizar para crear un traballo derivado do orixinal.


MÉRCORES 1 DE NOVEMBRO
Recinto da feira: patio do Colexio Sta. María
PROGRAMA
9.00 a 10.30 h – CONCURSO DE FUNGOS
Presentación de cestas. As cestas estarán expostas ao público ao longo da mañá.
10.30 h – Apertura das exposicións
VII FEIRA DO MEL ARTESÁN (Organizada por AGA • Eume)
– PRODUCTOS ECOLÓXICOS E DE OUTONO
– Concurso O MUNDO DA MICOLOXÍA Sala exposicións Mercado Vello (Avda. de Ferrol)
11.00 h – Actividades para nenos:
– Obradoiro de introducción ao mundo da micoloxía, impartido por Milagros Fernández Sabaris
– Obradoiros de cera e mel para nenos, impartido pola asociación AGA-Eume.
Lugar: recinto da feira
+ info: caseta de información
12.30 h – Entrega de premios: concurso de fungos e “o mundo da micoloxía”
DEGUSTACIÓN: (servirase de 12.30 a 14.30 h)
MENÚ
– Empanada de millo con Agaricus bisporus e Pleurotus cornucopiae
– Potaxe de garabanzos con variado de fungos
– Estofado de tenreira con Lentinus eodes e Lactarius deliciosus
– Requeixo do Eume con compota de Cantharellus cibarius e melocotón
Amenizará a feira a Banda de gaitas Alfaia e Escola Municipal de música tradicional das Pontes
Bases CONCURSO DE FUNGOS
1ª O Concurso de Fungos das Pontes organízase co desexo de fomentar a afección á micoloxía e ter un coñecemento máis exacto das especies micolóxicas da zona.
2ª Para concursar deberán presentarse exemplares dun mínimo de 10 especies distintas de cogomelos silvestres, que deberán estar identificados e clasificados. Os concursantes deberán ter cando menos 18 anos que acreditarán presentando o DNI. Cada persoa só poderá participar cunha cesta.
3ª O xurado estará formado por persoas entendidas na materia que valorarán a clasificación, estado e variedade das especies presentadas. Ademais no premio especial terase en conta a presentación e exemplares máis raros.
4ª As inscricións poderán realizarse no Dpto. de Cultura antes da feira (telf. 981 44 03 44 • cultura@aspontes.org), e o día da feira ata as 10.30h. Aínda que para a admisión de inscricións terase en conta a adaptación á infraestructura e xestión da feira, polo que no caso de que o número de participantes sexa superior ás prazas dispoñibles, a selección das cestas participantes farase por orde de inscrición.
5ª A presentación a concurso será dende as 9.00h ata as 10.30h, a partir desta hora, momento no que o xurado comezará a facer a valoración das cestas, non se admitirán máis participantes.
6ª Os concursantes deberán manter a súa exposición particular ata alomenos as 13.30h, procedendo seguidamente a retirar os exemplares.
Dende o momento de presentación da cesta ata a total recollida da mesma o concursante será responsable do contido da mesma.
7ª O xurado reservase o dereito de declarar deserto algún dos premios e as súas decisións serán inapelables. A participación neste concurso implica a aceptación das bases.
PREMIOS
1º 300 € • 2º 180 • € • 3º 120 € • 4º 60 € • 5º 60 €
Premio especial 300€
Premio de 30€ a todos os participantes non premiados nas anteriores categorías.
Outras Actividades
XV MOSTRA FOLCLÓRICA VILA DAS PONTES
Sábado 28. Auditorio Municipal Cine Alovi, 19 h
-Rancho folclórico de Vilarandelo (Portugal)
-Grupo Folk A Gaita de Sarandón
-A. C. ALENDE das Pontes
Organiza A. Cultural Alende
Mércores 1 de novembro
FEIRA DO MEL ARTESÁN
Apertura da CASA DO MEL (Goente)
De 10.30 a 13.30 h e de 16 a 20 h (visitas guiadas)
Apertura do MUSEO ETNOGRÁFICO MONTE CAXADO. De 10.30 a 13.30 h. (Visitas guiadas)
(Colexio Monte Caxado)
Organiza:
Concello das Pontes
Concellería de cultura
Colaboran: AGA-EUME
ASO. LOCAL AMAS DE CASA
A. VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CÍVIL

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios