Dr. Funkstein publica esta semana un CD-Single como avance do lanzamento do novo disco da banda, que terá por título ‘TODA LA NOCHE’.

28

O single contén dous temas: “La fille en rose” e “Moviéndonos”. Tamén inclúe una pista de vídeo co tema “La fille en rose” grabado en directo no festival Nabiza Rock 2005.


Este single é totalmente autoproducido e non está disponible en tendas, xa que se trata dunha pequena tirada con fins únicamente promocionais, con distribución exclusiva para medios de comunicación.
O novo disco estará disponible a fináis de Outubro, e poderá mercarse no Corte Inglés e na cadena de tendas “discos Gong”, entre outros establecementos. Tamén se poderá adquirir on-line no sitio web www.trastenda.com. En breve concretaremos tódolos puntos de venda.
A presentación oficial do novo disco terá lugar o día 31/10/2006 na discoteca OH! Caramba de As Pontes, á partir das 00:00h, e contará con algunha que outra sorpresa. A entrada será de balde. Tras esta presentación oficial, a banda percorrerá multitude de localidades galegas presentando o seu primeiro traballo. Estas son as datas confirmadas do ‘TOUR DE L’AMOUR’, aínda que se irán ampliando nos vindeiros días:
31/10/2006 – Presentación oficial novo disco e web – Discoteca OH! Caramba (As Pontes) – 00:00h
03/11/2006 – Sala DZine (San Sadurniño)
10/11/2006 – La Reserva (Ferrol)
01/12/2006 – Sala Baranda (O Barco de Valdeorras)
Próximamente, máis información e sorpresas en www.drfunkstein.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios